Ginkana infantil con refranes
DURACIÓN: 2 horas.
DESENROLO:
Repartimos o grupo en equipos e comezamos a xogar despois dun breve lanzamento da actividade.
A xincana trátase dun breve “Quéapostamos?” con moedas de chocolate para apostar e pequenos castigos ou probas para recuperar moedas se quedan sen elas ou perdelas se teñen moitas máis que os demais. Gaña o equipo que máis moedasconserve ó final.
PROBAS:
1- Memoria: leráselle unha lista de refráns a cada grupo para ver cal é o equipo que máis consegue recordar.
2- Pelexa de galos: cada equipo dirá un refrán, ata quealgún falle, repita ou se quede sen refráns.
3- Moralexas: leránselle pequeñas fábulas para as que terán que pensar nun refrán ou inventalo a modo de moralexa.
4- Cada ovella coa súa parella: debenrelacionar dúas listas de refráns segundo crean que son equivalentes, no menor tempo posible.
5- Pictionary: un membro dun equipo debuxará un refrán elixido ó azar e, os demais deberán adiviñar decal se trata.
6- Mímica: un membro dun equipo representará un refrán elixido ó azar e, os demais deberán adiviñar de cal se trata.
7- Era que se era, que había unha vez…: daráselle un refrán acada grupo e, a raíz del deberán crear unha breve historia o máis orixinal posible.
8- O gazapo: leranse uns cantos refráns dos anteriormente traballados e deberán adiviñar ou descubrir cal é apalabra que non encaixa.
9- Non encaixa!: nunha caixa haberá un montón de refráns partidos pola metade que os participantes terán que unir para completar os refráns despois de pasar un circuito porrelevos (todos colaborarán con todos para poder completar tódolos refráns).
10- Como era?: na parede haberá o principio ou final duns refráns e, por relevos, deberán ir pegando o cacho que lle faltacollido dunha caixa ó azar, no menor tempo posible. Gaña o equipo que máis acertos teña.
11- Top ten: deben facer unha lista cos 10 mellores refráns, segundo os seus propios criterios, que...
Regístrate para leer el documento completo.