Glosario de Historia en Galego

Páginas: 3 (608 palabras) Publicado: 18 de junio de 2013
A
Academia: Sociedade oficial que agrupa escritores, artistas, filósofos e científicos para discutir sobre o coñecemento e axudar á súa difusión.
Acervo comunitario: Conxunto de prácticas,decisións e criterios comúns aos Estados membros da Unión Europea.
Acordos de Locarno: Pactos que se estableceron en 1925 entre Bélxica, Checoslovaquia, Francia, Alemaña. O Reino Unido, Italia e Polonia,polos que se acordaba amañar pacificamente os conflitos para garantir o mantemento da paz en Europa Occidental.
Afrikakorps: Forza militar alemá enviada ao Norte de África en 1941, durante a SegundaGuerra Mundial, para axudar as tropas italianas que estaban sendo derrotadas polos británicos. O seu comandante era o mariscal Rommel, chamado o Raposo do Deserto.
Apartheid: Sistema social baseadona segregación racial, que foi imposto polos gobernos de África do Sur desde 1948. Supoñía o dominio da minoría branca sobre as outras comunidades, especialmente a maioría negra. Establecía aseparación racial en lugares públicos e impedíalles ás comunidades non brancas ocuparen postos no goberno, votar, etc. Foi abolido no ano 1993.
Arancel: Imposto aduaneiro aplicado polo goberno xeralmente sobreas importacións e, ás veces, sobre as exportacións. Establécese para protexer a industria nacional da competencia externa e para lograr o superávit da balanza comercial.
Armisticio: Cesamento dashostilidades pactadas entre pobos, países ou exércitos belixerantes.
Asemblea Nacional Constituínte: Asemblea escollida por sufraxio que representa a vontade da nación e que se encarga de redactar unhaConstitución. Unha vez aprobada esta, disólvese para, posteriormente, convocar eleccións a unha Asemblea Lexislativa.
Autarquía: Política dun Estado que aspira a abastecese cos seus propiosrecursos. Preténdese reducir ao mínimo as importacións e estimular a produción no interior do país de todo o que se consome.

B
Barbeito: Terra que non se sementa durante un tempo para que descanse e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Semana Galega da Historia
  • Historia veterinaria galega
  • Historias de galicia (galego)
  • Glosario De Historia
  • Glosario De Historia
  • historia glosario
  • Glosario De Historia
  • Glosario de Historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS