gramatica
GRAFEMA: representación escrita dun fonema
1.- Os nomes das letras teñen xénero masculino: o gue, o que, o xe, o zeta...
Os dígrafos representan un único son: o che, o gue u, o elle, o ene hache, o que u, o
erre dobre.
2.- k, w, j, y, ç (ka, uve dobre, iota, y grego, cedilla) só se usan en palabras tomadas doutros
idiomas: kantiano, byroniano, wagneriano, Jefferson, Eça deQuiroz
Obsérvese: quilo, quilómetro, quilovatio. (Abreviaturas con k)
3.- Exemplos de uso do h: Helena, Henrique, Heladio, hendecasílabo, hedra, hipocrisía,
harmonía (compostos e derivados dos anteriores)
Mais: arpa, orfo, oso, oco, irmán, inchar, ermida, ombreiro, baía, aí.
4.- Exemplos de uso do v/b:
- baleiro, orballo, bolboreta, móbil, marabilla. pobo, goberno...(compostos e derivados dosanteriores)
- avó, avogado, voda, varrer, vasoira, ouvear, esvarar, pavillón, gravar, gravata, vulto, verniz,
verza, covarde, esvelto, voitre
5.- nh representa unha consoante nasal velar. Debe manterse unida no final de liña.
6.- g+a,o,u gu+i,e (gü) Para a representar a gheada: gh
7.- Uso do X: exame, extensión, léxico, téxtil, tórax...
Obsérvese: escavadora, estender (extensión), estrañar,estraño, estranxeiro,
esaxeración, esaxerar, esixir, esixente.
II.-ACENTO ORTOGRÁFICO
1.- Agudas (oxítonas). Ex. : chofer, chinés
Acentúanse as polisílabas rematadas en -vogal (+n,s,ns)
Mais non levan acento gráfico:
a) Monosílabos: leis, el, ti.
b) As rematadas en ditongo decrecente (+n,s): papeis, colleu, amei, tomou, pediu, azuis.
c) As rematadas noutra consoante que non sexa -n ou -s:cantar, nariz, arroz.
2.- Graves (Paroxítonas). Ex. : atmosfera, biosfera, heroe
Levan acento gráfico cando rematan en consoante diferente de n, s, ou en grupos
consonánticos distintos de -ns: álbum, móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se
acentúan as que teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis).
Polo tanto: cantan, cantas, lapis, canons, colons, dolmens.
3.-Esdrúxulas (Proparoxítonas).
Todas levan acento gráfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.
4.- i, u en hiato.
Independentemente das regras anteriores, levan acento gráfico as vogais i, u tónicas
cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ámbalas
vogais non forman ditongo: aínda, baúl, caída, egoísmo, miúdo, raíña, raíz, ruído, saía, súa,
traía, túa,xuízo... (mais: prohibo)
5.- Estranxeirismos e latinismos: seguen as normas anteriores.
6.- Acentos diacríticos.
á/a ás/as bóla/ bola cá/ca cás/cas chá/cha chás/chas có/co cós/cos cómpre/compre
cómpren/compren dá/da dás/das dó/do é/e fóra/fora má/ma más/mas máis/mais
nó/no nós/nos ó (ao)/o ós(aos)/os óso/oso pé/pe póla/pola pór/por présa/presa sé/se
só/so té/te vén/ven vés/ves vós/vos
7.-Observacións.
7.1.- As maiúsculas levan acento gráfico.
7.2.- Non o levan os adverbios acabados en -mente, os demostrativos, o numeral
un, o pronome el.
7.3.- Tampouco os interrogativos e exclamativos: Como lle vai? Onde estás?. Só se
acentúan para evitar anfiboloxías: dille que queres, dille qué queres.
7.4.- O pronome posposto ao verbo conta como unha sílaba máis, pero mantense o
acentodiacrítico: cóntallo, éme igual, dálle.
III.-A COMA
1.- Separa os elementos dunha enumeración cando non os une unha conxunción.
2.- Úsase despois dunha subordinada, cando precede á principal.
3.- Úsase para separar os vocativos, aposicións...
4.- Úsase coas locucións adverbiais: pois, é dicir, en fin, finalmente...
5.- Úsase coas conxuncións adversativas cando introducen oracións curtas.
6.-Úsase nas oracións adxectivas-explicativas, etc.
Non se separan os elementos da oración con comas (suxeito-verbo...). A coma non pode
iniciar unha liña.
IV.- PUNTO E COMA
1.- Utilízase en oracións longas cando xa se usou coma e se precisa unha pausa.
2.- Utilízase en oracións longas cando hai unha conxunción adversativa.
O punto e coma ten pouco uso en galego.
V.- O GUIÓN
1.- Úsase para...
Regístrate para leer el documento completo.