Grecia

Páginas: 5 (1008 palabras) Publicado: 16 de diciembre de 2013

HISTORIA

Situación.- Grecia está situada no sur de Europa , entre o Mar Exeo e o Mar Xónico , na Península Balcánica con abundancia de sistemas montañosos , o seu clima é mediterráneo con veráns cálidos , invernos temperados e precipitacións escasas .

As “ polis” gregas .-A Grecia antiga (s.X a.d.C. ata s.II d.d.C) estaba dividida en cidades – estado independentes chamadas “polis” quetiñan o seu propio territorio , aínda que todos falaban a mesma lingua e adoraban ós mesmos deuses . As polis máis importantes eran : Esparta e Atenas .

Os mitos e lendas .- Para explicar á poboación problemas que xurdían na vida , formas de comportamento , formas de entender o mundo e a relación entre os homes recorrían ós mitos , que narraban cousas que lles aconteceron ós deuses e ós heroesda cidade . Cada mito significaba unha forma de comportamento . Os gregos eran politeístas , tiñan un deus para cada unha das actividades da vida . ( libro recomendado : “Lendas e mitos da Antiga Grecia” ) .

Festas e celebracións na honra dos deuses .- Os deuses dicíase que vivían no Monte Olimpo que era un lugar cunha moi boa temperatura e un lugar marabilloso pero os gregos non podían subiralí porque lles podían pasar as peores cousas . Na honra dos deuses facían festas , como exemplo veremos dúas :

- Nunha dedicada á Deméter a deusa da fertilidade , as mulleres facían unha procesión e mesturaban carne de porco con sementes que espallaban polo campo ó mesmo tempo comían pebidas de granada que era a froita maldita .

- Noutra dedicada á deusa Atenea protectora de Atenas ,había demostracións artísticas e deportivas e unha procesión na que as mozas levaban un vestido tecido por elas como ofrenda á deusa ( Panateneas ) A festa remataba cun sacrificio de bois e vacas para darlle de comer á toda a cidade de Atenas . Isto pasaba cada catro anos e chamábase a hecatombe .

Os oráculos e os templos.-

Os oráculos eran lugares onde os gregos consultaban cos deuses cousasque lles preocupasen como podía ser : o seu futuro ou o da cidade , falar cos antepasados , pedirlle consulta ós deuses...... . Despois de facer unha ofrenda e de dar diñeiro ou algún obxecto de valor ó oráculo , os sacerdotes ou sacerdotisas consultaban cos deuses e dábanlle unha resposta que se podía interpretar de varias maneiras .

Os templos eran edificios dedicados ós deuses que estaban namellor zona da cidade . Este conxunto de templos chamábaselle , Acrópole . Os templos tiñan unha serie de columnas e unha cámara onde estaba a estatua do deus e na que non se podía entrar . Hoxe consérvase en aceptable estado o Partenón , dedicado á deusa Atenea .

A democracia ateniense .- O sistema político dos atenienses era a democracia ( goberno do pobo ) e tiña na Ágora o seu centro deactividade . A Ágora ó principio era unha explanada onde se celebraban feiras e mercados e tamén onde se reunían para discutir problemas da cidade e votar solucións os habitantes . Máis tarde foise rodeando de edificios ( tribunais , asemblea, local de xefes militares ,...) . Cando unha persoa conspiraba ou traizoaba á cidade era condenado ó ostracismo ( indiferencia ) Nas decisións da Asemblea nonpodían participar os estranxeiros , os escravos e as mulleres .

Diversións na Antiga Grecia .-

1. O teatro : celebrábase na primavera e ó principio eran dedicadas ó deus Dioniso . As representacións eran ó aire libre , duraban todo o día e a xente comía e bebía ó mesmo tempo que vía as representacións , había dous tipos de obras : comedias , que eran representacións cómicas e divertidas etraxedias , que trataban dolorosos problemas humanos e xeralmente non tiñan un bo final. As obras eran acompañadas por coros que cantaban e interpretaban que eran pagados polos coregas ( señores ricos da cidade )

2. Os xogos : eran competicións deportivas entre as polis . Había varios tipos de xogos : nemeos , píticos , ..... ,pero os máis importantes foron os olímpicos que se celebraban...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Grecia
  • Grecia
  • Grecia
  • Grecias
  • Grecia
  • Grecia
  • Grecia
  • la grecia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS