grsa
Memorias dun neno labrego
de Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego (1960) de Xosé Neira Vilas é un dos libros referentes da literatura galega.
Trátase dunha novela que se desenvolve arredor dunha serie de temas estruturados en torno á realidade social do campesiñado galego da época. Salientamos os seguintes: a conciencia de clase que nos é amosada através dunha dobre realidade antagónica, a aldea fronte á cidade, Balbino e Manolito exemplifícana á perfección; a extrema relixiosidade das aldeas, coa rigorosa presenza do loito, en contraposición co Entroido; a emigración que asoma como unha clara limitación para o mundo dos nenos, só reservada ao mundo dos maiores; as ilusións da nenez, vinculadas á amizade de Balbino con Pachín e con Lelo, ásromarías ou ao posterior rebusque; a marxinación do idioma galego, claramente presente na escola; o culto á morte, así como a tradición dos velorios; a presenza dunha madurez temperá, reafirmada co seu primeiro emprego, sancristán, ou as perspectivas de futuro, co xuramento de querer ser alguén o día de mañá; o espírito rebelde ante a pobreza e as inxustizas en xeral, o que deixa translucir unfondo realismo crítico.
Esta guía non pretende ser unha guía exhaustiva, nin meterse en análises técnicas ou estilísticas.
Con ela só queremos facer unha serie de suxestións para que o texto se converta nun pretexto para a comunicación.
Comunicarse cun libro na man ou cos seus ecos na memoria…
Memorias dun neno labrego: suxestións de lectura
Eu son...
Balbino.Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, ...
No verán ando descalzo... Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. [...]
No inverno, frío. Ganas de estar arreo ao pé do lume... Faladorías de neves e lobos...
Que saben disto os nenos da vila! [...]
A aldea éunha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente morre ...
... Nacín e crieime na aldea pero agora síntoa pequena, estreita... Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén... Por iso escribo...
1- Propostas:
a) Balbino reflexiona sobre a súa condición de neno marxinado, mergullado nun mundo hostil que, ás veces, lle impide vivir a infancia. Como imaxinas esa infancia deBalbino? Con que nenos o identificarías actualmente?
b) O capítulo alude ás “faladorías de neves e lobos”. A que cres que se refire?
c) Por outro lado, a estreiteza da aldea provoca en Balbino unha reacción de pesimismo. Como valoras esa reacción? Que supón para Balbino o feito de escribir?
Perdido
[...] Na véspera dérame meu pai unha somanta por lle enfarruscar a cara con feluxe ao nenodo señor. Un rapaz moi limpiño que come pantrigo, bebe leite con café e non se ten que erguer cedo pra levar o gando a pacer... “É o neno do señor e abonda”... que se eles queren, nós teremos que deixar as casas e as leiras.
... Tiven mágoa de min por ser un neno pobre.
2- Propostas:
a) A fuxida de Balbino como a interpretas?
b) O pantrigo, o caviar dos pobres, ao que alude Balbino, éun claro exemplo de diferenza de clase. Tes constancia de que na actualidade se están a incrementar as demandas nos comedores sociais? Es consciente do problema da fame no mundo?
O Xudío
Diante ía un home coa cruz... E despois o estandarte, santos, [...]
... A Virxe do Carme ten un arco moi lucido que lle regalou Mosteiro dende Cuba. O Xudío tiña dito que “o Indiano faría mellor dandoeses cartos aos probes da parroquia ou mercando libros prá escola”. [...]
... Fuxín da procesión... fun dar á aira do Xudío...
- Pois velaí tes: a xente que vai rezando tampouco atende ao que fai. Uns, cavilan no hórreo baldeiro, na contribución... [...]
- ... Ninguén pensa pola súa conta. Pensar é pecado. Pedir xustiza, verdadeira xustiza, é pecado. E tamén é pecado ter ideas...
3-...
Regístrate para leer el documento completo.