Guerra Civil Española

Páginas: 15 (3640 palabras) Publicado: 8 de enero de 2014
Entre o 18/7/1936 e o 1/4/1939 tivo lugar unha cruenta guerra civil entre españois enfrontados en 2 bandos. O goberno da República conseguiu resistir durante case 3 anos, pero o triunfo foi para os militares sublevados.
Trala sublevación en Melilla, as tropas da Lexión dominaron rapidamente a situación en Marrocos. Nos días 18 e 19 ó tempo que Franco se trasladaba desde Canarias ata Tetuán parafacerse cargo das tropas de África, en distintas cidades da península os militares conxurados tentan facerse co poder. Nalgúns casos triunfaron, pero noutroos as forzas republicanas lograron dominar ós rebeldes. En Galicia, a sublevación iniciouse o día 20, e, tras breves enfrontamentos, fixéronse co control do territorio.
Ante as confusas noticias da sublevación militar, o presidente SantiagoCasares Quiroga, ademais de emitir unha mensaxe tranquilizadora á poboación, decretou o cesamento dos sublevados e a disolución dos corpos militares que os apoiasen ou estivesen baixo o seu mando. Isto provocou que a República quedase cun exército moi reducido.
As forzas sociais de esquerda pedían armas para facer fronte ós militares, pero o presidente non quixo entregar armas ó pobo, por medo aque o suplantasen. Incapaz de controlar a situación, dimitiu. Na madrugada do 19 Azaña formou un gabinete de conciliación presidido por Diego Martínez Barrio, quen fracasou no intento de negociar cos rebeldes, e tamén dimitiu. No mesmo día, nomeou a Xosé Giral presidente do Goberno, co apoio da Fronte Popular e resolto a afrontar a sublevación, decidiu entregar armas ás organizacións proletarias,aínda co risco de que estas impuxesen a revolución.
Os 2 bandos entendían de modo oposto a súa participación no conflito: Para os protagonistas da sublevación, foi un Alzamento Nacional de apoio espontáneo, popular e cívicomilitar, protagonizado polos sectores defensores da relixión, unidade da patria e propiedade privada. Para o Goberno da República e as forzas da Fronte Popular que o apoiaban, aacción dos militares non era máis que unha rebelión contra a orde legalmente establecida e contra as reformas que se reiniciaran a partir de febreiro de 1936.
As forzas políticas, económicas e sociais tiveron que posicionarse a favor dun dos bandos en conflito dende o inicio da guerra. A favor da República estiveron a maioría dos xenerais do exército de Terra, a mariñeiría, a Aviación, a Garda deAsalto, as masas urbanas das cidades industriais, os xornaleiros do sur e a pequena burguesía urbana. A favor dos sublevados estiveron oficiais intermedios do exército de Terra, a Garda Civil (agás en Barcelona), as masas católicas e conservadoras e os pequenos e medianos propietarios agrícolas.
Entre os apoios ós sublevados destacou o da Igrexa; o episcopado español cualificou o movemento comounha cruzada contra o comunismo en defensa da fe católica, da tradición e da orde social. Nunca fixeron críticas en público sobre a represión exercida polos insurrectos, pero condenaron duramente a represión das forzas de esquerda. (incluso o Papa Pío considerou os sublevados como heroes cristiáns fronte ós bárbaros republicanos)


Tradicionalmente considerase a G.Civil como un claroantecedente da II G.Mundial, non só polas súas implicacións políticas, senón tamén polos trazos que caracterizan a contenda. O conflito español pode ser considerado como:
Unha guerra ideolóxica entre fascismo e democracia, civilización cristiá e comunismo.
Unha guerra que implicou a toda a poboación. No bando nacional o exército foi a columna vertebral da sociedade, no republicano foron as organizaciónsobreiras as que actuaron como canle de mobilización popular. A muller participou activamente no conflito: no bando nacional en tarefas relacionadas co auxilio social, mentres que no republicano apareceron tamén milicianas na fronte bélica.
Unha guerra con trazos de combate social e loita de clases.
Unha guerra que mesturou formas de combate arcaicas con outras novas.
A guerra orixinou...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Historiador de la guerra civil española
  • Guerra Civil Española
  • La Guerra Civil española
  • Antecedentes de la guerra civil española
  • La guerra civil española en canarias
  • Guerra civil española
  • Mujeres en la guerra civil española
  • Guerra civil española

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS