Guerra civil
A derrota das dereitas republicanas e o medo á revolución social estimulou a elaboración de proxectos golpistas de carácter militar coa intención de acabar co Goberno de esquerdas. Os grupos conservadores viron no exército o único medio que podía facer fronte ao que consideraban a ameaza do comunismo. Baixo a dirección de Emilio Mola, os militares golpistas foron concretando asaccións e o papel de cada un deles. O plano xeral consistía en que o exército de África fose o primeiro en sublevarse , secundado logo por levantamentos graduados na Península nas 24 ou 36 horas seguintes. Os militares deterían as autoridades militares e civís fieis ao Goberno da República, así como os dirixentes locais das forzas obreiras, e proclamarían o estado de guerra. O exército de África, unhavez asegurado o dominio do protectorado, debía trasladarse á Península, transportado pola Mariña, e converxer rapidamente sobre Madrid, onde se establecería un Directorio militar encabezado por Sanjurjo. O día 12 de xullo un comando de extrema dereita asasinou un tenente da Garda de Asalto e militante de esquerdas, Xosé Castillo; como represalia, ao día seguinte, un grupo de Gardas de Asalto,asasinaron a Calvo Sotelo.
O 17 de xullo de 1936 as tropas do protectorado español de Marrocos subleváronse contra o Goberno da República e, ao día seguinte, fixérono na Península. Entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939 tivo lugar unha cruenta guerra civil entre españois enfrontados en dous bandos que se cualificaban a si mesmos e aos contrarios como azuis, nacionais ou fascistascontra vermellos, antiespañois ou comunistas. O Goberno da República conseguiu resistir durante case 3 anos, pero finalmente o triunfo foi para os militares sublevados.
Todo comezou coa sublevacion de Melilla polo medo a ameaza do comunismo. As tropas da Lexión controlaron rapidamente a situacion en marrocos e Franco autonomeouse xefe das tropas de África, decretando o estado de guerra en Canariase Marrocos e dirixiuse aos españois para xustificar o alzamento militar. Os militares conxurados tentaron controlar diferentes zonas da península, pero nalgunhas zonas as forzas republicanos lograron dominar os rebeldes. No doc.1 expresase o desexo de defender a republica dos fascistas.
Para os sublevados isto foi un Alzamento Nacional dos sectores defensores da relixión, a unidade da patria e apropiedade privada. Para os republicanos, a acción dos militares era unha rebelion contra a orde e contra as reformas que se reiniciaran en 1936.
A favor da República estiveron a maioría dos xenerais do exército, a mariñería, a Garda de Asalto, as masas obreiras, os xornaleiros e a pequena burguesia urbana. A favor dos sublevados estiveron os oficiais intermedios do éxercito, a Garda Civil, asmasas católicas e conservadoras(CEDA, monárquicos, falanxistas, carlistas) e os pequenos e medianos propietarios agricolas. A Falanxe Española e os carlistas, inegráronse nunha soa identidade política que se denominaba Falanxe Tradicionalista e das XONS, doc 6. Entre os apoios aos sublevados destacou o da Igrexa.
Tradicionalmente considérase a Guerra Civil como un antecedente da Segunda GuerraMundial xa que se tratou dunha guerra ideolóxica entre fascistas e demócratas, entre a civilizacion cristiá e o comunismo; unha guerra que implicou a toda a poboacion xa que participaron todos os sectores da sociedade; unha guerra que presenta trazos de combate social e de loita de clases, polo enfrontamento entre grupos; e unha guerra que militarmente mestura formas de combate antiguas e outras maismodernas.
A guerra produciu implicacions internacionais inmediatas, ambos bandos solicitaron axudas internacionais pero por proposta de Gran Bretaña e Francia construiuse un Comité de Non Intervención.
Ainda que Italia e Alemaña non compriron o pactado e prestaron axudas ao bando nacional(Doc.2, l.1). Estas potencias fascistas interviñeron enviando homes e armamento. Portugal tamen prestaría...
Regístrate para leer el documento completo.