Guerra Civil
COMPOSICIÓN DA GUERRA CÍVIL
Os texto que se nos presentan danos pé a falar da Guerra Civil. Que comeza en xullo de 2006 coa sublevación militar. No conflito haberá unha loita entre ideoloxías a fascista( sublevados) contra comunistas (republicanos) isto aparécenos reflitido nos Doc. 1,2 e 7. A importancia que tivo o Comité de Non Intervención nodesenvolvemento da loita, reflitido no Doc. 2. A diferenza da evolución política por un lado as forzas republicanas que están divididas e reñidas, podémolo observas nos Doc. 3,4 e 5, pola contra a España sublevada estaba sometida a un réxime dun partido único, feito que se pode observar no Doc. 6, o poder todo de dito partido asumirao Franco que tras a vitoria na Guerra (Doc. 7) permitiralle perpetuarseno poder.
O primeiro golpe de estado que se intenta realizar durante a República é levado a cabo en Sevilla en agosto de 1932 encabezado por José Sanjurjo. Pero este golpe fracasou e os seus dirixentes serian apresados pero logo co cambio de goberno volverían a estar en liberdade.
A partir do golpe vanse a dar algúns problemas: conflitividade social (ámbito agrario, oposición de anarquistas ecomunistas a república e a sublevación de Casas Vieja) despois disto dáse un cambio de goberno pero tamén se atopará con problemas como o sucedido en 1934 (folgan xeral, estatuto de Cataluña e a revolución de Asturias) vólvese a dar un cambio de goberno pero a axitación social seguía o que levou a que un grupo de militares subleváronse en Marrocos contra o Goberno da República o 17 de xullo de 1936afirmando que a situción que vivía España era: de deterioro da orde pública, perigo de revolución social, ataques á Igrexa e ao catolicismo… un día despois a sublevación chega a península.
A guerra, a loita entre dous bandos, en realidade era algo máis; era una loita: entre democracia e ditadura; entre clases baixas contra clases altas; entre o centralismo e os nacionalismo e tamén entrefascismo e comunismo algo que podemos observar nos Doc. 1 e 2 e que tamén se ve no 7.
O Doc. 1 é un fragmento do discurso de Dolores Ibarruri en xullo de 1936 un día despois da sublevación na península, para chamar o pobo a resistencia. As primeiras palabras que utiliza son “ traballadores, antifascistas”, a primeira delas é porque a República estaba asollada polos traballadores cabe recordar que opartido socialista é uns dos máis votados nas eleccións e que forma parte do goberno; e chámalles antifascistas porque os sublevados eran chamados polos republicanos como fascistas xa que eran partidarios desta ideoloxía. Pídenlles que defenda “ a República”, “as liberdades populares” e a “democracia do pobo”. Isto todo pódese resumir dicindo que a República que foi escollida democraticamente polopobo en 1931 trouxo a España unha serie de adiantos e liberdades que anteriormente nunca se viran; pide a axuda do pobo para que iso continúe así. Termina dicindo una serie de vivas onde se volve facer mención do mesmo do antifascismo e da República do pobo pero aparece como novo a Fronte Popular que era o partido que gañara as eleccións en febreiro dese mesmo ano.
No Doc. 2 que é unharecopilación dunhas verbas do ministro italiano Galeazzo Ciano que nos fala do que se esta a vivir en España. A primeira idea que nos dá é a de unha España divida: a república e a sublevada. A continuación fálanos despois de cada bando; os sublevados contaban co apoio das dúas grandes ditaduras do momento como eran a Alemaña de Hitler e a Italia de Mussoline os que din que apoiaran a guerra sencondicións, apoiaran a ese bando con militares e con barcos e avións como o que trouxo a Franco a península ou o Lexión Cóndor. Mentres o bando republicano como di o texto e axudado por “rusos belgas e franceses” o primeiro deles axuda con material bélico e con viveres, os franceses axudan nun principio pero depois ca chegada do Comité de Non Intervención firmado por diversos países de Europa para que...
Regístrate para leer el documento completo.