Guerra De La Independencia
Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre o período histórico
comprendido entre 1808 e 1814, no que se desenvolve a chamada Guerra da Independencia.
Comezada coa sublevación popular do 2 de maio, á que se refire o Doc.1, as Xuntas que se constituirán
en diferentes ámbitos territoriais (Doc.2) tratarán decoordinar unha resistencia contra os franceses
que adopta con frecuencia a forma de guerrillas e na que conflúen intereses e obxectivos diversos
(Doc.3). Paralelamente á guerra desenvólvese unha revolución política que tenta asentar o liberalismo
e que ten a súa mellor plasmación na obra das Cortes de Cádiz (Doc.4). Lembra que non se trata de
elaborar un tema á marxe das fontes propostas, polo quedebes referirte aos seus contidos ao longo da
túa redacción.
Doc. 1.-Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808):
“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue
francés foi vertido; reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o seguinte (...):
Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados (...).
Art.5. Todaxuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa (...)
Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos
provocando a sedición serán considerados coma uns axentes da Inglaterra e arcabuceados”.
Doc. 2.-Proclama da Xunta Central do Principado de Asturias (maio de 1808):
“Asturianos leais e amados compatriotas (...). O Principado, endesempeño daqueles
deberes que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia (...). A súa
perfidia co noso rei e toda a súa familia, enganándoo para facelo pasar a Francia baixo palabra
dun eterno armisticio para encadealos a todos, non ten igual na historia (...). ¡Á arma, á arma,
asturianos!”.
Doc. 3.-O militar e político liberal Evaristo San Miguel expón neste escrito (1836) osdiversos
proxectos dos combatentes contra os franceses:
“De todos os xeitos non é menos certo que a invasión dos franceses foi o principio das
nosas diferenzas internas e a guerra da independencia unha especie de guerra civil ao mesmo
tempo.
Aos nobres, a dinastía estranxeira éralles odiosa menos polo nova que polos indicios
que daba de reformadora. Do lexislador dun pobo onde todo estabanivelado pola lei da
igualdade debía desconfiar moito o privilexio das clases exclusivas. O berro de guerra na súa
boca foi a oposición ao espírito innovador que os ameazaba (...).
Os ilustrados eran un número considerable e non podían ter, no seu pronunciamento contra o
emperador, só a mira de volver ao Estado anterior. Non era posible (...) que gustasen de volver
ao antigo despotismo os queo consideraban como unha das causas dos males que os aflixían.
O berro de guerra dirixido contra os franceses tiña tamén por branco os excesos, as desordes
que afearan as administracións anteriores”.
Doc. 4.-Constitución de 1812:
“Art. 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos dous hemisferios (...).
Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmopertence a esta
exclusivamente o dereito de establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria. Art. 15. A
potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”.
Antecedentes:
a)Firma del Tratado de Fontainebleau para repartirse Portugal. Los ejércitos
franceses cruzaron los Pirineos hacia Portugal, pero otras tropas se
dirigieron hacia zonas estratégicas de España, lo que puso de manifiesto la
intención de Napoleón de ocupar toda la Península.
El motín de Aranjuez favoreció los intereses de Napoleón. Carlos IV
abdicó en su hijo Fernando VII y, tras la reunión de...
Regístrate para leer el documento completo.