hawai

Páginas: 7 (1618 palabras) Publicado: 1 de febrero de 2015
Hawai[1] (en inglés: Hawaii, [həˈwaɪ.iː] (AFI), En-us-Hawaii.ogg escoitar; en hawaiano: Hawai‘i, [hɐˈvɐiʔi] (AFI)), é un dos 50 Estados dos Estados Unidos da América. Hawai localízase nun arquipélago no medio do océano Pacífico. A súa economía está baseada no turismo.

O arquipélago que forma o Estado de Hawai coñécese historicamente polo nome de Illas Sandwich; estaba poboado por polinesios, egobernada por varios xefes polinesios locais, ata 1810, cando Kamehameha I centralizou o goberno do arquipélago, e instituíu unha monarquía. En 1894, o arquipélago converteuse unha república, e catro anos despois, en 1898, foi anexionada polos Estados Unidos, tornándose un territorio americano en 1900. Desde entón, instaláronse en Hawai un gran número de persoas de descendencia europea, vidosdoutras partes dos Estados Unidos, así como inmigrantes asiáticos, dando á poboación local un aspecto altamente multicultural.

A base naval americana de Pearl Harbor foi atacada por aeronaves da forza aérea xaponesa o 7 de decembro de 1941. O ataque fixo que os Estados Unidos entrasen oficialmente na II Guerra Mundial. Máis de 2.400 persoas morreron no ataque. O 21 de agosto de 1959, o Hawaiconverteuse no 50º Estado norteamericano.
Primeiros habitantes[editar | editar a fonte]
Os nativos polinesios vivían no arquipélago hawaiano moito antes da chegada dos primeiros europeos. Os actuais nativos hawaianos son descendentes dos polinesios que chegaron á rexión hai algúns milleiros de anos. Non se sabe de certo cando desembarcaron estes primeiros nativos, as estimacións varían entre 2 a 3mil anos atrás.

Entre preto de 1.200 a 1.500 anos atrás, desembarcaron no arquipélago outro grupo polinesio, vidos do Tahití. Este novo grupo exterminou finalmente á antiga poboación nativa. Os actuais nativos son descendentes deste último grupo. Non se sabe exactamente como se moveron estes polinesios á rexión, aínda que se asume que viñeron en canoas e pequenos barcos de vela.

Ata1900[editar | editar a fonte]
Un dos primeiros exploradores europeos en desembarcar en terras hawaianas foi o explorador británico James Cook, o 18 de xaneiro de 1778. Este é o primeiro en rexistrar oficialmente a descuberta, así como o primeiro en fornecer as coordenadas xeográficas do arquipélago. Cook chamoulle ao arquipélago Sandwich Islands, en homenaxe ao Duque de Sandwich, un lord británico.Despois da descuberta e debido á súa posición xeográfica, o arquipélago tornouse un punto de escala frecuente dos navíos europeos que facían longas viaxes trans-pacíficas. As doenzas contaxiosas, traídas polos mariñeiros europeos e das cales os nativos locais nunca tiveron contacto, mataron decenas de millares de nativos polinesios na rexión, ao longo do século XIX.


Kamehameha I.
Anteriormente áchegada dos europeos, o arquipélago hawaiano estaba fragmentado nunha serie de tribos gobernadas por un xefe indíxena. Algunhas illas estaban gobernadas por unha única tribo, en canto que outras illas estaban ocupadas por tribos diferentes. Tales tribos non eran amistosas entre si, e constantemente batallaban pola anexión de novos territorios. En 1782, un líder indíxena, Kamehameha I, iniciouunha longa guerra, que duraría 13 anos, contra outras tribos polinesias da rexión. Auxiliado por armas modernas, comercializadas cos navegantes e comerciantes europeos e americanos, Kamehameha uniu todo o arquipélago, con excepción da illa de Kaua‘i e de Ni‘ihau, en 1795. Kamehameha comandou dúas invasións contra estas illas, en 1796 e en 1803, que fracasaron debido á unha rebelión e á unha epidemia,respectivamente. Entón, Kamehameha instituíu un sistema de administración política baseada en padróns políticos de goberno occidentais. Kamehameha instituíu unha monarquía o Reino das Hawai, e apropiouse de todas as terras do arquipélago, cedendo lotes delas a familias rurais.

Cerca de quince anos despois, en 1810, as illas de Kaua‘i e Ni‘ihau concordaron en unirse pacificamente ao Reino de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Hawai
  • hawai
  • hAWAI
  • hawai
  • hawai
  • hawai
  • muerte en hawai
  • alo hawai

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS