Historia 1982-2008
1. A década socialista (1982 1992)
Os socialistas chegaron ó poder lexitimados por unha ampla maioría do electorado e, entre 1982 e 1992, repetiron en varias ocasións as vitorias electorais. Este amplo soporte electoral permitiulles emprender unha serie de reformas económicas e políticasque tiveron como principais obxectivos a saída da crise económica, a incorporación de España ó contexto europeo e internacional e a consolidación definitiva da democracia.
1.1 0 éxito electoral socialista
Á ampla vitoria electoral do PSOE contribuíu unha serie de factores internos como a unidade do partido, a popularidade do seu líder e o programa electoral baseado na idea de cambio. Osdirixentes que controlaban a executiva do partido desde o Congreso de Suresnes (1974) esforzáronse en dar unha imaxe moderada. Pero o triunfo inicial dos socialistas tamén estivo vinculado a factores externos ó propio partido socialista, como a crítica situación que viviu a democracia española por causa do 23 F e o proceso de descomposición da UCD.
1.2.A evolución económica: do axuste á expansión
0PSOE accedeu ó poder cando. En España, a situación económica aínda era plenamente de crise e amparándose nas súas poderosas maiorías electorais levaron a cabo unha dura política de axuste que esquecía moitas das promesas electorais sobre o emprego.
A actuación dos socialistas en materia económica centrouse en:
• A reconversión industrial foi dirixida sobre todo ás empresas do INI que resultabanaltamente deficitarias.
• A reforma fiscal supuxo un profundo cambio no sistema fiscal de España. Por primeira vez primaron os impostos directos
A política de emprego intentou combater as elevadas taxas de desemprego que, a principios dos oitenta, eran as máis altas de Europa. Sen embargo, non se conseguiu reducir o paro debido sobre todo á chegada á idade laboral da poboación nacida no boom dosanos sesenta e a incorporación da muller ó mercado laboral.
Por outro lado, atenderon as reivindicacións do seu electorado a través da ampliación do gasto público e da creación dos servizos do Estado do benestar.
Entre 1986 e 1991 produciuse unha reactivación económica á que contribuíu o papel dos sindicatos, principalmente UXT e CC.OO, que aceptaron a contención salarial e contiveron aconflitividade obreira nos primeiros anos de goberno socialista. Sen embargo, ante a recuperación económica, os sindicatos esixíronlle ó goberno un xiro radical na súa política para que, ó mesmo tempo que aumentaba o gasto público, se lles permitise ós traballadores unha maior participación nos beneficios empresariais.0 goberno non cedeu ante as reivindicacións dos sindicatos.Os sindicatos responderoncoa convocatoria dunha folga xeral o 14 de decembro de 1988, a máis grande ata o día de hoxe (abril 2012)
1.3 A Política Interior
O Estado de benestar
0 intento de creación do Estado de benestar preocupou os socialistas, que lles prestaron unha especial atención á sanidade, ás pensións e ó sistema educativo.
A ampliación da cobertura sanitaria a todos os cidadáns quedou fixada na Lei Xeral deSanidade A percepción das pensións universalizouse e elevouse a súa contía, co fin de reducir as desigualdades sociais.
No que respecta á educación, o ministro José María Maravall xestionou a Lei de Reforma Universitaria (1983), que permitiu mellorar sensiblemente as titulacións universitarias. Máis tarde organizou a ensinanza en pública, privada e concertada coa LODE a LOXSE (Lei de OrdenaciónXeral do Sistema Educativo, 1990), na que se establecían as liñas da reforma educativa.
0 Estado autonómico
En materia autonómica, en principio, os socialistas limitáronse a aplicar a LOHAPA (Le¡ Orgánica para a Harmonización do Proceso Autonómico), que pactaran cos centristas no verán de 1982. Aprobáronse os estatutos de Estremadura, Castela e León, illas Baleares e Madrid, o que pechou o...
Regístrate para leer el documento completo.