Historia da Arte: O Greco
Pintura renacentista en España. O Greco
Obras a estudar
A. O martirio de San Mauricio e a lexión tebana
B. O enterro do conde de Orgaz
C. A adoración dos pastores
Características do estilo do artista
Domenikos Theotokópoulos (Creta, 1541 ‐ Toledo, 1614) forma parte do
reducido censo de artistas que continúa presente na estimación dos críticos e no
recordo popular. Esta fama perdurable débese á arrogancia coa que defendeu as súas
pinturas en ambientes hostís, a independencia da súa arte e ao inconfundible selo do
seu estilo. A formación do Greco permitiulle lograr unha conxunción entre o deseño
manierista e a cor veneciana.
A súa aprendizaxe veneciana tivo importantes consecuencias na súa
concepción da arte. Así, os artistas venecianos desenvolveran unha forma de pintar
claramente diferente dos manieristas romanos: a riqueza e variedade da cor, a
preponderancia do naturalismo fronte ao debuxo e a manipulación do pigmento como
recurso expresivo. Os venecianos, en contraste co puído acabado dos romanos,
modelaban as figuras e obxectos cunha técnica como de apunte, abocetada, que
conseguía unha gran profundidade e brillantez nas cores.
A pincelada do Greco tamén estivo moi influída polo estilo veneciano: retocaba
as súas pinturas unha e outra vez ata conseguir un acabado aparentemente
espontáneo, como de apunte, que para el significaba virtuosismo. Os seus cadros
presentan unha multitude de pinceladas non fundidas en superficie, o que os
observadores de entón chamaron “crueis borróns”. Pero non só empregou a paleta de
cores veneciana e as súas tonalidades ricas e saturadas, tamén usaba as estridentes e
arbitrarias cores que gustaban aos pintores manieristas: amarelos, verdes chillóns,
vermellos alaranxados e grises azulados. Nos trinta e sete anos que o Greco viviu en Toledo, o seu estilo se transformou
profundamente. Pasou dun estilo italianizante en 1577 a evolucionar en 1600 a un moi
dramático, propio e orixinal, intensificando sistematicamente os elementos artificiais e
irreais:
Luz cada vez máis forte e estridente, branquexando as cores das roupaxes O tratamento que dá á luz é moi diferente do habitual. Nos seus cadros nunca brilla o sol,
cada personaxe parece ter dentro a súa propia luz ou reflicte a luz dunha fonte non
visible. Nos seus últimos cadros a luz faise máis forte e brillante, ata o punto de
branquear o fondo das cores. Este emprego da luz concorda co seu antinaturalismo e o
seu estilo cada vez máis abstracto.
Ausencia de natureza morta. O seu tratamento do espazo pictórico evita a
ilusión da profundidade e a paisaxe, habitualmente desenvolvía os seus asuntos en
espazos indefinidos que aparecen illados por unha cortina de nubes. As súas grandes
figuras concéntranse nun espazo reducido próximo ao plano do cadro, a miúdo
apiñadas e superpostas.
O tratamento das súas figuras é manierista: cabezas pequenas descansando
en corpos cada vez máis longos, na súa evolución non só foi alargando as figuras,
senón facéndoas máis sinuosas, buscando posturas retortas e complexas ‐a figura
Ana Navas Curso 2010‐2011 1
Renacemento en España. O Greco
serpentinata‐. Era o que os pintores manieristas chamaban “furia” da figura, e
consideraban que a forma ondulante da chama do lume era a máis apropiada para
representar a beleza. El mesmo consideraba as proporcións alargadas máis belas que
as de tamaño natural, segundo se desprende dos seus propios escritos. En resumo:
espazo pouco profundo con superpoboación de figuras, que dan a ...
Regístrate para leer el documento completo.