Historia De Estados Unidos

Páginas: 46 (11313 palabras) Publicado: 24 de enero de 2013
INTRODUCIÓN


Neste informe faremos un percorrido pola situación dos Estados Unidos de América dende finais do século XIX até a actualidade. Profundizaremos nos pasos que seguiu EEUU para converterse nunha gran potencia, así como no crecemento das industrias e das cidades; trataremos tamén as guerras mundiais e como influíron no desenvolvemento dos EEUU.


TRANSFORMACIÓN NUNHAGRAN POTENCIA: CIDADES E INDUSTRIA (1865 – 1917)


Neste capítulo trataremos temas como a reconstrución dos EEUU mediante a expansión imperialista así como o establecemento das fronteiras. Tamén falaremos da industrialización e da concentración empresarial, así como da inmigración e do traballo. Debemos tratar tamén neste tema a política, o movemento progresista e a cultura naquel período.Entre 1865 e 1867 prodúcese a reconstrución do sur. Esta reconstrución céntrase na visión benévola da natureza dos territorios rebelados. Esta visión benévola de Lincoln e Andrew Johnson intentaba reabsorber o antes posible ao antigos Estados Confederados nas condicións máis xenerosas posibles. Prodúcese tamén a rápida readmisión dos estados do Sur debido á visión benévola presidencial queconsideraba que un estado confederado fora admitido na Unión con plenos dereitos cando unha parte dos cidadáns xurase lealdade á Unión Federal. Tamén temos que mencionar que a finais de 1975 a totalidade dos antigos estados confederados gozaba de gobernos estatais elixidos por un grupo reducido de poboación e controlado pola antiga elite confederada.
Esta reconstrución benévola dospresidentes tamén recibiu moitas críticas. Para os republicanos radicais do Congreso, o plan presidencial de Lincoln e Johnson resultaba demasiado benévolo e consideraban necesarios medidas máis severas contra os secesionistas. Para os radicais, o plan benévolo ignoraba a situación dos antigos escravos e reclamaban un novo sistema político que garantise os dereitos dos antigos escravos. Tamén hai qmencionar a desconfianza dos republicanos radicais da capacidade dos novos gobernos estatais que eran controlados polas antigas elites confederadas. Aqueles eran partidarios dunha revolución social que expulsase ás antigas elites do poder. Este proceso organizouse baixo a supervisión do poder federal e do control militar dos territorios. Tamén temos que dicir que a escravitude chega ao seu fin legal.Entre as primeiras medidas de reforma da época, destacan a aprobación da 13º Emenda que prohibía a escravitude en 1875, e a creación da oficina de escravos para protexer e axudar á poboación negra. Tamén temos que dicir que a antiga elite conservadora exerceu certo control político. Os gobernos estatais do sur, controlados pola antiga elite confederada, aprobaron códigos de negros que restrinxíanas liberdades dos negros e obrigábannos ao traballo forzoso. Tamén se implantan os códigos de negros que eran leis que limitaban á poboación negra. Esta implantación estivo acompañada en moitos dos estados do sur de episodios violentos contra os negros, que causaban miles de vítimas. Ademais créase no sur a organización anti-negra de carácter racista e secreta, como o famoso Ku Klux Klan querecorría á violencia para aterrar aos antigos escravos.
Xunto coa reconstrución benévola, prodúcese tamén unha reconstrución radical do congreso. Os republicanos controlan o congreso como resultados das eleccións de 1866 cunha ampla maioría e critican a política do presidente Johnson. Apróbanse tamén novas emendas constitucionais, por exemplo a décimo-cuarta emenda declaraba a igualdade de todasas persoas nacidas en EEUU e a décimo-quinta establecía a imposibilidade dos estados de limitar o dereito de voto por razóns de raza, cor ou servidume. Ademais das emendas constitucionais, os republicanos radicais aprobaron en 1867 unha serie de leis coñecidas como as Leis de Reconstrución polas que se disolvían todos os gobernos estatais e se restablecían as normas específicas para a creación...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Historia de los Estados Unidos
  • La otra historia de estados unidos
  • historia de estados Unidos
  • Historia De Los Estados Unidos
  • Historia De Estados Unidos
  • historia de estados unidos
  • Historia de estados unidos
  • Unidos Por La Historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS