HISTORIA
A Santa Alianza foi unha organización que se orixinou tras a derrota de Napoleón. Tratábase dunha coalición entre Rusia, Austria e Prusia que tiña un fin totalmente diferente ás alianzas estratéxicas que xurdiron no Congreso de Viena. Foi un tratado de carácter persoal firmado polos monarcas deses países o 26 de setembro de 1815 en París tras as guerrasnapoleónicas.
A Santa Alianza tiña dous obxectivos principais: o mantemento do absolutismo e a defensa fronte á ameaza liberal. Ademáis defendía o dereito de intervención para evitar calquera movemento revolucionario. A súa principal intervención foi en España, onde en 1823 enviou os Cen Mil Fillos de San Luis para acabar co Réxime Constitucional, que se iniciara en 1820 tras a sublevacióndo Xeneral Riego e das súas tropas, e poder así devolver o poder absoluto a Fernando VII.
O movemento constitucionalista e liberal retomaría progresivamente as súas forzas e lanzaríase á ofensiva en tres ondadas revolucionarias: 1820, 1830 e 1848. Estas tres ondas revolucionarias en Europa plantexaron os problemas herdados da orde de Viena: o da unificación italiana e alemá, a necesidade deconstitucións liberais que garantan a participación política da burguesía e un peso maior do parlamento no réxime político e o das nacionalidades que quedaron suxeitas á dominación estranxeira. A pugna entre a vella e a nova orde política saldouse a favor da causa liberal e nacionalista, aínda que con ritmos diversos e balances desiguais.
A onda revolucionaria de 1820-1825, comezou en España copronunciamento de Riego que deu inicio ó Trienio Liberal. Estendeuse polos países mediterráneos, Portugal, a América española e a maioría dos seus territorios independizáronse de España. Sen embargo, os liberáis que se fan cargo do poder en España non logran estabilizar a situación e son expulsados do goberno tras a intervención da Santa Alianza para repor o trono de Fernando VII.
En Portugal taménse produce unha sublevación co obxectivo de convocar as Cortes para promulgar unha constitución. Nun principio os liberais toman o poder e promulgan unha constitución que pronto será eliminada por Don Miguel, rexente do trono, quen pretende impor o absolutismo.
A burguesía en Grecia, que vivía sometida ó Imperio Otomano, financiou o movemento revolucionario que loitou pola independenciadurante case dez anos. O tratado de Adrianópolis (1829) supuxo a concesión da independencia. Non obstante, en 1830 as principais potencias europeas (Francia, Reino Unido e Rusia) asinaron o Protocolo de Londres polo que rexeitaron a instauración dun réxime constitucional e impuxeron una monarquía autoritaria.
A onda revolucionaria de 1830 comezou en Francia e estendeuse a Bélxica e Polonia. Foi unarevolución liberal pero cun destacado compoñente nacionalista.
Esta revolución iniciouse en París no medio dunha crise agrícola e financeira e a presión dos partidarios de Luis Felipe de Orleans para cambiar a dinastía dos Borbóns. A chispa que prendeu a chama revolucionaria foi a aprobación das Catro Ordeanzas de 1830 que suspenderon a liberdade de prensa, disolveron as cámaras, reduciron a baseelectoral e permitiron gobernar por decretos. “As tres gloriosas xornadas” do 28,29 e 30 de xullo, obrigaron ó rei Carlos X a exiliarse.
Iniciábase así o reinado de Luis Felipe de Orleans, que nun principio estaba disposto a apoiar os movementos revolucionarios que xurdían por Europa, pero unha vez no poder foi aumentando as súas tendencias autoriatarias.
Bélxica formaba con Holanda o reino dosPaíses Baixos desde 1815. O levantamento belga, de inspiración liberal e nacionalista ao mesmo tempo, foi apoiada por Reino Unido e Francia. Este movemento tivo éxito en Bélxica, posto que alcanzou a súa independencia en 1831. A nova constitución de 1831 foi modelo para todas as monarquías constitucionais de Europa.
Polonia, pola súa parte, levantouse contra o poder absoluto do tsar Alexandre...
Regístrate para leer el documento completo.