Hola, me llamo X
Excepción a tal circunstancia é a de Jaume Vallcorba, o editor catalán recentemente desaparecido. O fundador dos imprescindibles selos Quaderns Crema, en catalán, eAcantilado (que seguiu a Sirmio), en castelán, conseguiu aquilo tan difícil de acadar como é que os seus catálogos fosen o mellor documento de identidade.
Coñecido pola súa enorme cultura e pola súa (erara entre nós) poliglosia, Jaume Vallcorba foi un verdadeiro ourive da edición. Desde a elección dos escritores a editar (nomeadamente nese océano da Europa central de entreguerras) ata o deseño doconxunto do artefacto, a calidade do papel, o equilibrio da tipografía, o cosido en fío, o tacto das cubertas satinadas, a procura dos mellores impresores, facían de cada libro que tiraba do prelo unobxecto de valor. Polo contido e polo continente. Unha especie de bibliofilia democrática.
Promotor por igual dos novos (Quim Monzó ou David Monteagudo) e dos clásicos europeos (Zweig ou Simenon),ningún libro das súas editoriais sobraría nunha biblioteca doméstica. Aínda máis: moitos dos libros que editou (e reeditou: aqueles que unha vez que lles caducaron os dereitos de tradución, foronversionados de novo e convertidos en libros de éxito).
Valente coma ninguén –e non por ousado senón por amante das cousas belas-, Vallcorba non se rendeu a ese sectarismo intelectual que nega para...
Regístrate para leer el documento completo.