hola
Lingua Galega e Literatura
O CINEMA GALEGO:
TRABALLO DA 1º AVALIACIÓN
Alumnas:
Sofía Lois Quintián
Nuria Couto Rodríguez
Sara González Ferreiro
Raquel López-Brea Fernández
Curso:
4º
Grupo:
A
INDICE:
a) Historia do cinema galego:
1. Procura información sobre os pioneiros do cine galego: José Gil y Gil, JoséSuárez e Carlos Velo.
- José Gil y Gil:
Está considerado como un dos pioneiros do cine en Galicia e tamén como o máis destacado dos cineastas galegos ata comezos da década dos trinta. Comezou a súa actividade como fotógrafo en Ourense. A partir de 1904, logo de montar un pequeno estudo en Ponteareas, instalouse enVigo, onde acadou un enorme prestixio como fotógrafo e traballou para o ABC de Madrid e para a revista Vida Gallega. En 1907 coñeceu o exhibidor ourensán Isidro Pinacho, que se instalou en Vigo co negocio do “Palacio de la Ilusión”, e co que colaborará. O primeiro encárgase da parte financeira e Gil, malia posuír outros negocios, como a representación da casa de automóbiles Ford en Galicia, ocuparasedo apartado creativo. En 1910, ano no que tamén inaugura unha nova galería fotográfica na rúa do Príncipe, Xosé Gil comezou a filmar en Vigo e arredores as súas primeiras películas documentais. Principiou a rodar por encarga dos emigrantes galegos en América numerosos filmes que amosan as vilas, os costumes, os monumentos, as paisaxes e as xentes da terra, dando deste xeito a coñecer Galicia noestranxeiro. Tres anos despois rodou e produciu a primeira película de ficción realizada en Galicia, Miss Ledya (1916). Entre os protagonistas do filme figuraba Afonso R. Castelao, no papel dun crego protestante. En 1922, xa plenamente integrado en Vigo, Xosé Gil fundou na cidade a empresa Galicia Cinegráfica que, xunto ó seu “Noticiario de Galicia”, creado seis anos despois, se converteu nunhafactoría de produción de películas. Un dos derradeiros grandes proxectos que Gil non puido levar á práctica foi a rodaxe dunha longametraxe documental sobre Galicia. As deputacións das catro provincias decidiron darlle o traballo a Luis R. Alonso que o filmaría, en 1929, co título de Un viaje por Galicia.
- José Suárez:
José Suárez Fernándeznaceu en Allariz en 1902. Desde moi novo sente interese pola fotografía. Estuda dereito en Salamanca, o rematar publica o seu primeiro libro de fotografías. Logo fai, con bastante éxito, exposicións en Madrid e París. A produtora Cifesa proponlle o paso ó cinema realizando unha serie de documentais. A Guerra Civil interrómpelle este proxecto e ten que exiliarse en Arxentina. Alí segue facendocinema, mais como director de fotografía que de director. Colabora como correspondente fotográfico cunha chea de xornais e revistas: El Día, La Prensa, Life, U.S. Camera, etc. Realiza fotografías sobre a cultura tradicional do Xapón, sobre La Mancha, e continua a serie fotográfica sobre Galicia que comezara nos anos trinta. Falece na vila pontevedresa da Guarda en 1974.
- Carlos Velo:Carlos Velo Cobelas naceu en Cartelle (Ourense) no ano 1909. Realizou o bacharelato en Ourense e estudou bioloxía na Universidade de Madrid. Foi dirixente da FUE e organizou na Residencia de Estudiantes, xunto con Buñuel, un dos primeiros cineclubs de España. Realizou en imaxes a súa tese doutoral dobre a comunicación das abellas. Durante a Repúblicadirixiu documentais. Ó finalizar a Guerra Civil tivo que exiliarse a México. Alí primeiro deu clases de bioloxía para despois adicarse ó cine, como director e como mestre na escola de cine. Foi ó cárcere acusado de fraude no tratamento dos fondos públicos. En 1984 veu a Galicia recibindo, de parte da Xunta, o premio "Mestre Mateo" e en 1985 fíxoselle unha retrospectiva-homenaxe no Festival do...
Regístrate para leer el documento completo.