hola

Páginas: 8 (1935 palabras) Publicado: 29 de enero de 2015
GALICIA / SEPTIEMBRE 05. LOGSE / HISTORIA / OPCIÓN A / DESARROLLO
DEL TEMA

OPCION 1
COMPOSICIÓN DE TEXTO (tema de tipo histórico)
Baseándote nos documentos que se presentan, debes realizar unha composición
que teña por tema central a evolución política durante o Sexenio democrático
(1868-1874). Debes comezar por comentar as circunstancias que conducirán á
expulsión do trono de Isabel IIe as aspiracións dos revolucionarios triunfantes
(Doc.l). A Constitución de 1869 supón a instauración dun novo réxime político,
que debes caracterizar nos seus trazos esenciais (Doc.2). As razóns do fracaso
da fórmula monárquica (Doc.3), a implantación do réxime republicano que a
sucede e do proxecto federal (Doc.4) que se intenta instaurar deben integrarse
tamén na túa redacción. Paraconcluir, podes aludir ao fracaso fi nal da República
e á súa substitución por un novo réxime.

DoC.l.-O 27 de setembro de 1868, a Xunta de Goberno de Málaga súmase con esta
proclama á revolución coñecida como Gloriosa:
“Aspiramos á liberdade de conciencia (...)- Imos, poís, establecer a liberdade de
cultos.
Aspiramos á liberdade de sufraxio (...), proclamamos o sufraxio universal.
Aspiramos áliberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o pensamento
escrito circule sen traba.
Aspiramos, en fi n, á liberdade económica e de asociación (...).
Queremos Cortes Constituíntes, expresión fiel da soberanía da Nación, para que
promulguen unha Constitución (...).
Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!”.

Doc.2.-Constitución de 1869:
“A NaciónEspañola, e no seu nome as Cortes Constituíntes, elixidas por sufraxio
universal, desexando afi anzar a xustiza, a liberdade e a seguridade, e prover ao
ben de cantos vivan en España, decretan e sancionan a seguirte Constitución (...):
Art. 17. Tampouco pode ser privado ningún español: do dereito de emitir
libremente as súas ideas e opinións, xa de palabra, xa por escrito (...). Do dereito
dereunirse pacifi camente. Do dereito de asociarse para tódolos fíns da vida
humana que non sexan contrarios á moral pública (...).

www.profes.net es un servicio gratuito de Ediciones SM

GALICIA / SEPTIEMBRE 05. LOGSE / HISTORIA / OPCIÓN A / DESARROLLO
DEL TEMA

Art. 32. A soberanía reside esencialmente na nación, da cal emanan tódolos
poderes.
Art. 33. A forma de goberno da NaciónEspañola é a Monarquía.
Art. 34. A potestade de facer as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga
as leis.
Art. 35. O poder executivo reside no Rei, que o exerce por medio dos ministros.
Art 36. Os tribunais exercen o poder xudicial”,

Doc.3.-Abdicación de Amadeo I (11 de febreiro de 1873):
“Dous anos longos hai que cingo a coroa de España, e a España vive en
constante loita, vendocada día máis distante a era de paz que tanto desexo (...).
Todos invocan o doce nome da patria, todos pelexan e axítanse polo seu ben; e
entre o fragor do combate, entre o confuso, atronador e contraditorio clamor dos
partidos, entre tantas e tan opostas manifestacións da opinión pública, é
imposible afi rmar cal é a verdadeira, e máis imposible aínda atopar o remedio
para tamaños males.Busqueino dentro da lei ansiosamente e non o atopei. Fóra
da lei non ha búscalo quen prometeu observala (...).
Estas son, señores deputados, as razóns que me moven a devolver á nación, e no
seu nome a vosoutros, a Coroa que me ofreceu o voto nacional (-..)”.

Doc.4.-Proxecto de Constitución federal de 1873:
“Art. 1. Compoñen a Nación Española os Estados de Andalucía Alta, Andalucía
Baixa, Aragón,Asturias, Baleares, Canarias (,..).
Art. 39. A forma de goberno da Nación Española é a República federal (...).
Art. 42. A soberanía reside en tódolos cidadáns, e exércese en representación súa
polos organismos políticos da República constituida por medio do sufraxio
universal.
Art. 43. Estes organismos son: o Municipio, o Estado rexional, o Estado federal
ou Nación (...).
Art.45. O...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • hola hola hola hola
  • hola hola hola hola hola
  • hola hola hhola hola y hola
  • hola hola hola
  • Hola Hola Hola
  • Hola Hola Hola
  • hola hola hola
  • Hola hola

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS