Hola

Páginas: 22 (5415 palabras) Publicado: 6 de febrero de 2013
ANÁLISE DE TEXTO

Capítulo I

A novela comeza cunha carta que Camilo, de oitenta anos, lle escribe a súa muller Rosalía que morreu hai cinco anos, desde a aldea de Celas de Peiro, onde Camilo pasa os veráns coa súa filla Branca e o seu marido e o seu neto Lázaro.
Nesta carta cóntalle como pasa os días, sempre recordándoa, como a súa filla arranxou a vella casa onde viviron os dous cando erannovos e que pronto deixarían A Coruña e vivirían no pobo.
Camilo chama á biblioteca e pregunta por un libro, a bibliotecaria dille que hai uns anos comprouno un señor residente de Santiago por trinta mil pesetas.
Camilo anota a dirección, leva coarenta anos detrás dese libro e pensa en viaxar a Santiago.

Capítulo II

Ás nove chegou o señor Estevo co seu neto Camilo, traía a guitarra e olibro baixo o brazo. Tiña un aspecto burgués e falaba refinadamente. Tiña un horario escrupuloso, sempre se bañaba en auga fría, fose verán ou inverno e ás nove collía o libro e ía ós fiadeiros ou aprendía a ler ós mozos.
Chegaron os homes e esperaron polo vello, todos querían coñecer o final da historia que viña naquel libro americano.

Capítulo III

Lázaro está feliz, van pasar todo o veránna casa de Celas
O vello Camilo pensa que non lle ten medo á morte, pero si a deixar só a Lázaro que é cego. Pódese dicir que Camilo é os ollos de Lázaro.
Esa noite Camilo fuxiu de Celas ó monte coa súa escopeta, deixando con dor a Rosalía e os seus pais.Polo día durmía nunha cova e pola noite saía e baixaba ata a eira da súa casa para escoitar voces familiares.
Camilo recórdase cargado cunhasaca de ladrillos e baixa do monte cara á casa para quedar alí para sempre, despois de cinco meses sen ver a Rosalía.

Vinte años tiña Camilo cando Rosalía e máis el concibimos á súa filla (nai de Lázaro).
Dentro do seu escondite, escoitara un día a súa nai dicir que asasinaran ó seu pai, era tanta a rabia que tiña el que non colleu a escopeta porque Rosalia diciralle que caera en estado.Camilo cóntalle a Lázaro que xa atopou o libro, o ten un home de Santiago que pagou trinta mil pesetas por el.

Capítulo IV

Lázaro vai cos seus pais a Barcelona a operar a vista, en avión, e Camilo irá a Santiago a localizar o libro que tanto significou para el.

Capítulo V

Lázaro pidelle a Camilo que lle conte anectodas da sua avoa.
Camilo lle conta que a barriga de Rosalía ía crecendo e axente murmuraba pero Rosalía dixo que o neno era do Mauricio, un pobre apalermado do pobo.
Un día, estando Rosalia de oito meses, díxolle a Camilo que se fora ao monte que esta a Garda Civil cacheando tódalas casas. Estivo un mes e nove días no monte, pero un baixou e viu a sua moza con una neniña en brazos.

Capítulo VI

Estevo Doldán Patiño naceu na cuberta dun barco en 1851 que levaba ósseus pais cara á Arxentina.

Cristal Castro e Estevo Roldán traballaron as terras, non comían carne nin bebían alcohol, o seu único vicio era o fumar. O cura non os podía ver porque eran revolucionarios e non ían á igresa e cando Primo de Rivera asaltou o poder, o cura denuncionos no cuartel.

Capítulo VII

O autobús de Castromil recolle o vello anarquista de oitenta anos. Hai sete anos quenon vai a Santiago, a última vez fora con Rosalía ao Hospital onde lles dixeron que Rosalía tiña un cancro. Estivo catro meses no hospital coidando de ela, durmiu sempre a carón dela, nun sofá, ata súa morte.

Capítulo VIII

Case sempre, ao se deitar, recorda o tempo que pasou na cárcere.

A Camilo méteno na cela nº 36 cun morto vivente, non hai vidros nas fiestras, na parede hai unha puntaenferruxada da que pendura un caldeiro para faceren as súas necesidades.

Faise amigo de Andrés, barbeiro. Andrés dille que o compañeiro de cela de Camilo é Bernardo Figueiras, unha personalidade do anarquismo. Tén condena de morte, pero non o matan porque saben que o está desexando. Camilo fala co Bernardo e cóntanse as súas vidas; Bernardo escondeuse no cemiterio de San Amaro, na tumba dun...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • hola hola hola hola
  • hola hola hola hola hola
  • hola hola hhola hola y hola
  • hola hola hola
  • Hola Hola Hola
  • Hola Hola Hola
  • hola hola hola
  • Hola hola

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS