Idade Media

Páginas: 11 (2613 palabras) Publicado: 25 de abril de 2015
Contexto historico

A Idade Media vai estar socioeconómicamente caracterizada polo sistema feudal. Desde o século VII, o feudalismo converteuse na base política e económica de Europa. Nas sociedades feudais, o vasalo recibía terras do seu señor e quedaba baixo a súa protección e autoridade, a cambio de retribuír unha boa parte dos beneficios da dita terra ao seu propietario.
Entre os séculosVIII e XI consolídase o sistema feudal grazas ao afianzamento da nobreza laica e ao seu poderío militar, o cal deriva nun poderío xurisdicional. A Igrexa, pola súa parte, é en Galiza a propietaria da maior parte das terras.
O século XII vai ser un século esplendoroso en Galiza. O aumento da demografía permitirá na extensión das actividades agropecuarias, co conseguinte aumento das actividadesmercantís, baseada en produtos agrícolas levados a centros urbanos para seren trocados por produtos manufacturados.
Como consecuencia disto, prodúcese un renacemento urbano e máis o nacemento da burguesía, organizada en gremios estabelecidos en barrios ou rúas, segundo o seu oficio. As cidades, ao contrario dos núcleos rurais, son dominio dos reis, e non dos señores feudais.
Tamén a partir do séculoXII comezará o período de tempo coñecido como Era Compostelá, da man do Arcebispo Xelmírez, o cal traerá o esplendor a Santiago de Compostela, tanto económico como cultural. A lírica trobadoresca profana, a chegada da arte románica a través da francesa Orde de Cluny, o Camiño de Santiago, a composición do Codex Callixtinus... serán un fiel espello deste apoxeo cultural.
A partir do século XIII, aburguesía comeza a mostrar o seu interese por acceder ao poder político, o cal levará á existencia de "choques" desta clase emerxente coa nobreza laica e relixiosa. Mais, desde finais do século XIII, Europa comeza a vivir unha tremenda crise, a cal se acentuará no XIV. O esgotamento do sistema feudal, a miseria, a peste, guerras,... levarán ao individuo do XIV a sentirse insignificante, o cal sereflicte perfectamente na prosa relixiosa e anónima deste século.

Os irmandiños destruíron castelos, como o de Sandiás
Mais a crise do século XIV deu paso a unha paulatina recuperación, que culminará no crecemento económico do século XV e na busca de novos mercados exóticos por parte principalmente das Coroas de Portugal e Castela. Durante moito tempo, a evolución da sociedade galega avanza daman da do resto do continente europeo. Mais, a partir de mediados do século XV, teremos unha forte conflitividade social e política, da man das revoltas irmandiñas, as cales consisten principalmente nun levantamento antifeudal, posto que todos os sectores implicados (campesiñado, burguesía e baixa fidalguía) vían ou ben a súa economía afogada polo feudalismo, ou ben tiñan un particular interese enrematar co sistema feudal. Mais a Igrexa e Coroa, que nun primeiro apoiaran ou permitiran (respectivamente) a revolta, aliáronse cos grandes señores e favoreceron a inmobilidade da conxuntura sociopolítica galega.
A partir de 1482, por outra parte, Isabel I de Castela (despois da súa vitoria nas guerras trastamaristas), xunto co seu consorte Fernando II de Aragón, comezará o denominado poloPadre Zurita como "proceso de doma e castración do Reino de Galiza", o cal traerá ao noso país un duro sometemento político, cuxa consecuencia non será outra que os chamados Séculos Escuros.

Profana
Contexto histórico

A lírica profana galego-portuguesa xorde con posterioridade á lírica trobadoresca provenzal, a cal estaba escrita en occitano. Mais esta lírica nunca estivo perdida (como si aconteceucoa galego-portuguesa). Por estes dous motivos, tendeu a se dicir durante moito tempo que a nosa lírica trobadoresca non era máis que unha simple imitación da provenzal. Alén de existir argumentos literarios que desbotan esta hipótese, o contexto histórico da época fai pensar que a mímese absoluta da lírica galego-portuguesa con respecto á provenzal era moi difícil. E é que, na idade media, os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Idade Media
  • Idade média
  • literatura idade media
  • Idade Média: Mulher
  • Terceira Idade
  • Contexto Historico Galego na Idade Media
  • Tarea 2 De Contabil Idad
  • Planeamiento De La Capac Idad

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS