Iglesia Vs Estado
exemplifica a desamortización ( Doc.1.), as relacións Igrexa-Estado serán cambiantes, en función do
carácter conservador ou progresista dos distintos gobernos e rexímenes políticos; en liñas xerais, nos
períodos de predominio conservador o poder político favoreceu a Igrexa, facéndolle importantes
concesións ebuscando o seu apoio ( D.2), ocorrendo o fenómeno contrario en momentos como a
Segunda República (D.3). A Igrexa, que non agachou as súas simpatías polo bando sublevado durante
a guerra civil, constituiría un dos piares do réxime franquista (D.4). Lembra que debes contextualizar
os documentos e referirte aos seus contidos ao longo da túa exposición, pois non se trata de elaborar o
tema de referenciaá marxe das fontes propostas.
Doc.1.- Desamortización (1836):
“ Art.1º. Quedan declarados en estado de venda dende agora todos os bens
raíces de calquera clase que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas
extinguidas (…)”.
Doc.2.- Concordato entre o Estado español e a Santa Sé (1851):
“ Art.1. A relixión católica, apostólica, romana, que con exclusión de calquera
outro cultocontinúa sendo a única da nación española, conservaráse sempre nos
dominios de S. M. Católica con todos os dereitos e prerrogativas de que debe gozar
segundo a lei de Deus e o disposto polos sagrados canons.
Art. 2. Na súa consecuencia e instrucción nas Universidades, Colexios,
Seminarios e Escolas públicas ou privadas de calquera clase, será en todo conforme á
doctrina da mesma relixióncatólica; e a este fin non se poñerá impedimento ningún
aos bispos e demais prelados diocesanos encargados polo seu ministerio de velar pola
pureza da doctrina da fe e dos costumes, e pola educación relixiosa da xuventude no
exercicio deste cargo, mesmo nas escolas públicas”.
Doc.3.- Constitución de 1931:
“ Art.3. O Estado español non ten relixión oficial (…).
Art 26 (…) O Estado, as rexións, asprovincias e os municipios non manterán,
favorecerán, nin auxiliarán económicamente ás Igrexas, Asociacións, e Institucións
relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción, nun prazo máximo de dous
anos, do orzamento do clero”.
Doc.4.- Normas para la Escuela Primaria. 1939. Año de la Victoria:
“ O oprobio dunha escola laica rematou. Para formar españois profundos,
crentes e patriotasausteros España rexorde, gloriosa, polo esforzo decidido e xigante
dos seus fillos, dos que morreron alegremente por ela, dos que por ela se sacrificaron
e quixeron renderlle o mellor e máis espléndido da súa vida. A escola ten que recoller
o ambiente heroico das juventudes guiadas polo Caudillo á Vitoria…
1ª A reposición do Santo Crucifixo marca a apertura do curso (…)
2ª Ademais do retratodo Caudillo, haberá no salón de clase unha imaxe da
Virxe, con preferencia da Inmaculada, e en sitio preferente (…)
4ª Á entrada na escola os nenos saudarán co tradicional Ave María Purísima,
sendo contestados polo mestre: Sin pecado concebida (…)”.
Durante os reinados absolutistas previos á revolución liberal, as relacións entre
a Igrexa e o poder eran moi estreitas, había unha xustificacióndivina do poder
absoluto dos monarcas, o Clero era un estamento privilexiado xunto coa Nobreza,
contaba con institucións xurídicas propias como o Tribunal da Inquisición, eran
propietarios de terras concedidas polos reis ou por particulares (mans mortas), por
estas cobraban rendas e servicios aos capesiños e non pagaban impostos de ningún
tipo. A sociedade, incluidas autoridades e elitesdirixentes, era profundamente
relixiosa. A doctrina católica e as súas ceremonias eran aceptadas e practicadas con
fervor; estas prácticas, especialmente entre as masas populares, aparecían mesturadas
con variadas e numerosas crenzas superticiosas. A asunción polos monarcas españoles
e os seus gobernos da defensa do dogma católico fronte á herexía e ás desviacións,
levaría a situacións de...
Regístrate para leer el documento completo.