Ililiul

Páginas: 22 (5261 palabras) Publicado: 26 de febrero de 2013
UNIDADE 5. BASES DE DATOS
QUE É UNHA BASE DE DATOS?

Unha base de datos é unha ferramenta informática para a xestión de grandes volumes de información. As principais utilidades dunha base de datos en relación coa información son:
- Recompilar
- Ordenar e clasificar
- Localizar e filtrar
- Presentar en distintos formatos

As bases de datos están presentes en moitos lugarese actividades cotiás: censo de poboación, biblioteca pública, todo tipo de empresas… Incluso nos Institutos se empregan bases de datos para xestionar toda a información académica relativa aos alumnos. Ademais, moitas páxinas web que visitamos a diario funcionan grazas a que detrás delas existe unha potente base de datos, aínda que cando as utilizamos non sexamos conscientes disto.

Vexámolo conun exemplo: Facebook. Esta coñecida rede social consiste basicamente nunha enorme base de datos que almacena información de millóns de usuarios repartidos por todo o mundo, basicamente en dous formatos: texto e imaxes. Aínda que non o facemos de forma consciente, cada vez que subimos unha foto ou escribimos algo no muro estamos introducindo información na base de datos de Facebook. Do mesmo modo,cada vez que vemos as entradas ou as fotografías dalgún dos nosos amigos estamos buscando e filtrando información almacenada. E cada vez que agregamos un amigo estamos creando unha relación entre datos de distintos usuarios. Pola súa parte, a páxina encárgase de ordenar e amosar a información de maneira atractiva e sinxela para o usuario.

É importante diferenciar entre a información almacenadae a ferramenta informática encargada de xestionala, se ben o termo base de datos se soe utilizar para designar ambos conceptos. Existen distintos tipos de software para xestionar bases de datos, tanto de pago como de software libre. Algúns están pensados para usuarios domésticos e outros, máis potentes, para grandes organizacións. Tamén hai programas desenvolvidos para traballar a través da web.Ademais, algunhas destas ferramentas inclúen unha linguaxe de programación para desenvolver novas utilidades e incrementar deste xeito a potencia da base de datos.

Un dos xestores de bases de datos máis coñecido é Microsoft Access. Pertence ao paquete ofimático de Microsoft, e trátase polo tanto de software de pago. A súa alternativa en software libre é Openoffice Base. O funcionamento dos dousprogramas é parecido, ao igual que as posibilidades de traballo que ofrecen.

CREACIÓN DUNHA BASE DE DATOS

Con independencia da ferramenta utilizada, o primeiro paso para crear unha base de datos é definir a súa estrutura, e esta tarefa pode levarse incluso con lapis e papel. Referímonos a deseñar a forma na que se vai gardar e clasificar a información. A estrutura de calquera base de datoscomponse de celas, campos e rexistros.

- Campo. Un campo é un criterio de clasificación de datos. Os datos que se introducen nunha base de datos poden ser moi variados, tanto no seu formato como no seu significado. Os campos serven para agrupar os datos de características similares. Deste xeito, en cada campo esperaremos atopar sempre datos do mesmo tipo. Na base de datos dunha biblioteca,por exemplo, poderiamos ter os seguintes campos: nº rexistro, título, autor, temática, ano edición.

- Rexistro. O conxunto de datos de un mesmo individuo forman un rexistro. Normalmente conterá información de diferentes campos, que no seu conxunto definen a un individuo dentro da base de datos. Seguindo co exemplo da biblioteca, cada libro do que existe información almacenada é un rexistro.- Cela. É o espazo no que se almacena cada dato. Polo tanto, unha cela sempre pertencerá a un determinado rexistro e a un determinado campo. Na base de datos de xestión dunha biblioteca, o dato Sempre en Galiza estará almacenado nunha cela, que pertence ao rexistro dunha obra literaria de Castelao, e que corresponde ao campo Título.

Unha boa maneira de entender a estrutura dunha base...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS