Imperio romano
A República é o período da historia de Roma comprendido entre o 509 a.C e 27 a. C, ano en que se forma o Imperio Romano.
Os gobernantes de Roma era tiranos e tiñan un poder absoluto sobre os seus súbditos. O pobo estaba cansado desta situación e no ano 509 a. C, un cidadán chamado Bruto botou a Tarquino, o último rei de Roma e estableceu a República. O seu sistema degoberno era democrático rexido pola aristocracia.
O poder pasou a máns dunhas persoas chamadas cónsules. O pobo elexía a dous cónsules cada ano para evitar que se volverán moi poderosos e que se provocara a autocracia. Para axudar ós estes, apareceron os pretores (maxistrados).
Nesta época a institución máis poderosa era o Senado, formado por persoas pertencentes familias patricias que se encargabade aconsellar ós cónsules e confirmar votacións do pobo. Este órgano permitiu que entraran nel os plebeios e foi un feito moi importante, xa que fixo que se producisen cambios na sociedade a favor destes (campesinos, artesáns, comerciantes...) Así, os plebeios establécense e fan públicas as “Doce Tablas” coas leis escritas, onde se indican unha serie de dereitos para eles.
O senado converteuse noórgano de maior poder, capaz de declarar guerras, declarar a paz, establecer novas colonias, ratificar as leis… Grazas a estes poderes, dedicouse a unha política expansionista.
Un dos obxectivos era facerse con Italia, e para iso tivo que loitar contra os etruscos, que eran os gobernantes dese territorio. Despois de sucesivas guerras ó norte e ó sur, os romanos fixéronse con Italia no 266 a. C.Despois disto, Roma tiña gran poder e ata conseguiu dominar as aldeas aliadas. Fíxose co dominio da península itálica ata o s. III a. C, expulsando ós gregos das colonias do sur.
Deberon dar grazas a un exército potente e disciplinado. Pero no 390 a. C os galos saquearon Roma. Ainda que pasaron moitos anos, Roma non olvidou este episodio acabado en venganza.
Outra das conquistas levadas a cabopor Roma foi sobre o Mediterráneo Occidental. Neste lugar desenvolvéronse as Guerras Púnicas ( 264 - 146 a.C)
Cartago era unha cidade ó norte de África, que dominaba todo o Mediterráneo Occidental.
Cando Roma quixo ocupar Sicilia, desatouse a primeira guerra púnica. Foi principalmente unha guerra naval na que o Cártago tiña gran poder, pero despois de varias derrotas, Roma venceu nas illasEgates e Cártago tivo que abandoar a illa. Pouco máis tarde, Roma tamén se fixo coas illas de Córcega e Cerdeña. Pero os cartaginenses non estaban dispostos a perder, e querían unha revancha. O xeneral cartaginés Amilcar fíxose co poder do Cártago e preparou a vinganza. Obtivo victorias ocupando territorios da Península Ibérica ata o Texo. Cando éste morreu, o seu fillo Aníbal quedouse co seu posto eseguiu co plan de seu pai, conseguindo ampliar os territorios ata o Ebro.
É no 218 a.C entón cando estalou a segunda guerra púnica. Ánibal avanzou ata Italia cun gran exército e atacou a Sagunto, cidade da península Ibérica aliada a Roma. Durante varios anos logrou conquistar partes do sur de Italia, pero ó mesmo tempo, Roma enviara a un xeral chamado Cornelio Escipión ( el Africano) paraloitar contra os cartagineses na Península Ibérica e tamén no propio Cártago. Entón Aníbal tivo que regresar a África para enfrontarse con el, pois este xa conquistara parte de Hispania Cartaginesa demostrando maior poder militar que o de Aníbal. Nesta loita Anibal foi derrotado e os cartaginenses entregaronlle todo o que tiñan ós romanos : os territorios de Hispania, a flota e unha gran cantidade dediñeiro, entre outras.
Pero Roma non perdoaba que o Cártago intentara derrotalos entón tiveron destruílos. Despois de tres anos soportando loitas, O Cártago foi derrotado definitivamente no ano 146 a.C por un descendente de Escipión “el Africano”. Así Cártago convertíase en provincia romana e xa non podía ameazar máis a Roma. Esta foi a Terceira Guerra Púnica.
Dende ese momento, o Mediterráneo...
Regístrate para leer el documento completo.