Os incendios son una ameaza global para os ecosistemas forestais polos elevados danos socioeconómicos e ecolóxicos que provocan, entre eles a destrución da cobertura vexetal e adegradación dos solos, cun descenso a medio e longo prazo da súa fertilidade (Neary et al. 1999; Pinaya et al. 2000; Thomas et al. 2000; Certini 2005; Vega et al. 2005). A niveleuropeo, este problema é máis grave nos países mediterráneos e en España afecta, incluso con virulencia, a súa zona temperado-húmida. En Galicia, entre 1961 -ano no que comezanos rexistros estatísticos sobre incendios forestais- e Outubro de 2011, rexistráronse case un cuarto de millón de incendios que queimaron 1.850.000 ha, equivalentes ao 62% dasuperficie total e ao 91% da superficie forestal. Especial importancia tivo o ano 2006, cando en 12 días houbo 1.900 incendios que ocasionaron considerables perdas de solo porerosión post-incendio e graves danos en ecosistemas acuáticos.
A conservación e recuperación dos solos tras os incendios forestais depende da rexeneración da cuberta vexetal, queprotexe o solo do impacto directo da chuvia, fixao co seu entramado de raíces e retén os nutrientes da capa de cinzas ao inmobilizalos na súa fitomasa (talos, raíces), freandoasí o lavado de nutrientes e/ou os procesos de erosión. Nas condicións mais desfavorábeis (incendios de alta severidade, en zonas de moita pendente) a revexetación natural podetardar en producirse debido á destrución do banco de sementes e/ou a perda parcial do solo, sendo necesario adoptar, inmediatamente ou a curto prazo, medidas de protección doecosistema queimado para evitar a erosión post-incendio e conservar o solo en condicións idóneas para a súa revexetación, tanto natural, onde sexa posible, como mediante sementeira.
Leer documento completo
Regístrate para leer el documento completo.