Informe Da Fosa Do Cemiterio De Vilarraso (Aranga)
INFORME DA FOSA DO CEMITERIO DE VILARRASO (CONCELLO DE ARANGA)
Autores: Emilio Grandío Seoane Eliseo Fernández Fernández
2
3
Índice
1. INTRODUCCION. LOCALIZACION DA PARROQUIA DE VILARRASO (CONCELLO DE ARANGA)……………………………………………………..…. 5 2. ARANGA NOS ANOS 30…………………………………………………….….… 7 3. OS MORTOS DA PONTE DA CASTELLANA……………………………….. 11 4. FONTES DOCUMENTAISPRIMARIAS………………………………………. 15 4.1. ARQUIVO DO REINO DE GALICIA, AUDIENCIA PROVINCIAL, CAUSAS CRIMINAIS, DISTRITO XUDICIAL DE BETANZOS (1936-1938)… 15 4.2. ANALISE DO REXISTRO CIVIL DE ARANGA DOS REXISTRADOS COMO SOTERRADOS EN VILARRASO……………………………….……….. 21 5. DATOS BIOGRÁFICOS DAS PERSOAS IDENTIFICADAS E QUE FORON SOTERRADAS EN VILARRASO…………………………………………….…… 29 6. CONCLUSIONS: INTERPRETACIONS DA FOSA DE VILARRASO E DEARANGA…………………………………………………………………….……….. 39 7. FONTES UTILIZADAS …...…………………………………………………….. 43 7.1. FONTES BIBLIOGRÁFICAS UTILIZADAS ……………………………….. 43 7.2. FONTES ARQUIVÍSTICAS UTILIZADAS …...…………………………….. 44 7.3. FONTES HEMEROGRÁFICAS UTILIZADAS …...……………….……….. 44
4
5
1. INTRODUCCION. LOCALIZACION DA PARROQUIA DE VILARRASO (CONCELLO DE ARANGA)
Aranga é un Concello da provincia da Coruña que limita cos de Monfero, Irixoa,Coirós, Oza dos Ríos, Curtis (da súa provincia) e Guitiriz –da de Lugo-. Dividido en seis parroquias, o mesmo Concello divídise pola mesma estrada nacional VI, que fracciona o Concello nas parroquias do Norte –Aranga, Feás, Cambás e Muniferral-, e as do Sur –Fervenzas e Vilarraso-. Remata a Terra Chá lucense e entrando por Aranga comenza a Costa da Sal, de grande pendente. O Concello de Arangaocupa a parte superior do Río Mandeo, río que atravesa coa N-VI preto da Castellana. O cauce do Mandeo é de grandes desniveis e de relieve accidentado e montañoso. Nas serras de Montouto e A Loba, divisoria entre as provincias de Lugo e A Coruña, ten máis de 700 metros de altura, baixando ata o barranco da Loba a pouco máis de 250 metros. Realmente este desnivel é un escalón divisiorio entre a TerraChá lucense e as terras de transición cara As Mariñas. Carré Aldao recollía no primeiro terzo do século XX esta copla popular da comarca, adicada á Serra do Raño:
Alta serriña do Raño Ten moitas silvas e penas Onde o lobo fai o cocho E os buxatos berran n-elas1.
A súa densidade de poboación é unha das máis baixas da provincia da Coruña, precisamente en grande parte ó seu relieveaccidentado e escarpado. De temperaturas máis frias que na Galicia costeira –arredor duns 10º-, sen embargo a pluviosidade é semellante ás de terras de costa. E a fronteira climática que separa os territorios de clima marítimos con outros máis fríos. A casa tradicional na que vivían a sociedade de Aranga daqueles anos atopábase construida en pedra, de dúas plantas e cun tellado a dúas augas. As cortesatopábanse no piso inferior da casa ou adosadas a ela, como os palleiros, no que
1
Recollido por Carré Aldao, E. en (1936), Carreras i Candi, Geografía do Reino de Galicia, Provincia de La Coruña, páx. 841.
6
gardábanse os apeiros de labranza. A cociña de campá onde se queimaba leña de piñeiro, toxo e Carballo. A ponte vella da Castellana, sobre o Mandeo, espazo orixe deste estudo,atópase na Parroquia de Vilarraso, úns metros máis arriba da ponte actual, no límite co Concello de Curtis. O vello Camiño Real de A Coruña a Lugo, pasaba por eiquí, a través dun camiño a ambas orillas do río. A ponte é do século XVI, reformado no XIX para dotalo de maior luz. Este foi un dos lugares máis recurridos para depositar os cadáveres de moitos ‘paseados’, moi especialmente como xa veremos dooutono ó inverno entre os anos 1936 e 1937. A circunstancia de que alí estivera a estrada nacional VI, principal vía de comunicación coa meseta e o exterior da provincia da Coruña naqueles anos, non é casual. Semella que todo o que acontece en Aranga ten que ver con esta vía de comunicación. A suposta fosa da que estamos a falar atoparíase ó carón do...
Regístrate para leer el documento completo.