Iniciacion Cristiana

Páginas: 38 (9376 palabras) Publicado: 2 de abril de 2012
I. Novas sensibilidades

A pastoral da iniciación cristiá esperta hoxe na Igrexa un grande interese e preocupación. Tanto nos ámbitos da reflexión teolóxica como nos da práctica pastoral, advírtese a necesidade de recuperar hoxe o sentido da iniciación cristiá e conceder a mesma o lugar que lle corresponde na vida da Igrexa. A mesma Conferencia Episcopal Española recolleu esta urxencia,como resposta de "obediencia al mandato misionero del Resucitado y la fidelidad a la condición maternal de la Iglesia" cun documento, La iniciación cristiana (IC), adicado completamente ó tema. As razóns desta nova sensibilidade son varias.

Durante moito tempo atribuimos á familia a función de iniciar ós seus fillos na fe. A Igrexa confiou a pais e padriños a formación da fe e aaprendizaxe da vida cristiá, conforme ós compromisos bautismais adquiridos. Os pais explicaban e axudaban a comprender ós seus fillos a fe recibida no bautismo e, posto que a familia constituía un verdadeiro ámbito de fe, ensinaban, practicándoa, a fe cristiá. Ó mesmo tempo, a propia sociedade civil, sociolóxicamente unida á Igrexa, desempeñaba espontaneamente a función dun catecumenado social queintegraba a todos nun mesmo horizonte de comprensión e sentido.

Nembargantes, hoxe non é posible, pensar nunha iniciación cristiá realizada de xeito case espontáneo, influido polo ambiente. A nova situación cultural e social presenta os perfís dunha forte secularización que determina, en moitos casos, o debilitamento e ata o abandono da fe. Unha situación que leva a moitos menbros da Igrexa a terconciencia de diáspora respecto do mundo, e ós pastores á necesidade de impulsar unha acción pastoral estrictamente misionera, que mova ós bautizados á conversión e á adhesión consciente e responsable de Deus.

A familia, pola súa parte, ainda que "no puede renunciar a su misión de educar en la fe a sus miembros y ser lugar, en cierto modo insustituible, de catequización" (IC 34), recibetamén este impacto e, de feito, raramente constitúe hoxe un ámbito cristián que forme ós seus fillos na fe recibida. A súa función, en xeral, foi tomada por outras instancias, e respecto á educación cristiá, a creba de responsabilidades é evidente.

Nesta situación ten lugar a recepción do bautismo e a práctica posterior da catequese da iniciación cristiá (Cf. IC 63-64; 71-72). Por outro lado,hoxe vemos cómo un bo número dos nosos bautizados, ou non están iniciados na fe e na vida cristiá, porque nunca tiveron a oportunidade dunha autentica catequese e acompañamento espiritual por parte da comunidade eclesial, ou o están de modo deficiente e incompleto, de xeito ordinario, non poderán permanecer fieles á gracia do bautismo.


Os problemas, polo tanto, proveñen tamén da mesmapráctica da catequese, na medida na que ésta non atopou a resposta oportuna nin levou o cabo os cambios, tanto na súa orientación como no seu ordenamento, que a nova situación da sociedade e da Igrexa viña esixindo. A pesar dos moitos esforzos realizados e dos avances indudables na súa renovación, as dificultades de transmisión da fe permanecen; a pesar de moitos e xenerosos proxectos emprendidos,a anhelada iniciación cristiá de moitos dos nosos bautizados non remata de afianzarse.

Todas estas realidades van suscitando na Igrexa a necesidade de revisar en profundidade a pastoral da iniciación e establecer en toda a súa orixinalidade, a iniciación cristiá.

Mais non todo obedece a problemas e dificultades. O novo e vigoroso interese pola iniciación cristiá provén tamén doutrosfactores, como o acercamento á obra dos Pais da Igrexa, a renovación catequética e litúrxica postconciliar, os recentes traballos de investigación histórica e teolóxica sobre a iniciación cristiá, a crecente conciencia misionera e maternal da Igrexa con respecto á edificación na fe dos novos crentes e, ó fin, o impulso dado polo Vaticano II e polas orientacións posteriores.

Todo vai concurrindo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • iniciacion del cristianismo en el imperio romano
  • 2. Signos Y Símbolos De La Iniciación Cristiana
  • La iniciación cristiana hoy. el catequista de adultos
  • Iniciación cristiana
  • Los sacramentos de la iglesia. iniciacion cristiana
  • Iniciación cristiana para adultos
  • Iniciación cristiana y autoridad
  • Los Sacramentos De Iniciación Cristiana

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS