INTRODUCCI N

Páginas: 39 (9701 palabras) Publicado: 21 de marzo de 2015
 INTRODUCCIÓN

Nas seguintes páxinas , co libro “Historia das mulleres en Galicia. Idade media” de Carmen Pallares Méndez , faremos unha revisión a traxectoria social do xénero feminino durante o citado período. Moi pouco se tratou este tema entre os estudosos da Idade Media , tanto en Galicia como en términos globais, son as mulleres as grandesexcluídas dos annais da historia . Feito este breve inciso , pasarei a centrarme na obra de Carmen Pallares.

Non abundan certamente na Idade Media as mulleres que fose capaces de desenvolver unha tarefa de carácter creativo como pintura , escritura etc . No reducido grupo de estas características, e como precursora, atopamos a Cristina de Pizán , que no seo da súa obra , tratará a relación socialentre mulleres, e no mesmo marco , dos tópicos da mentalidade colectiva. En definitiva será unha muller que escriba abertamente sobre a situación da muller na sociedade medieval.

Levantarase en contra da conclusión e proclamación de xénero masculino de que a muller, e inferior e “mala” por natureza e sempre inclinadas ao vicio. Enfrontarase con numerosos autores da época , defensores destas tesesatrasadas, coma Jean Gerson. O seu obxectivo será a reescritura da historia en clave feminina.

Utilizará por primeira vez na Idade Media unha estratexia de reafirmación baseada na alegoría feminina das tres damas (Razón, Rectitude e Xustiza). Tendo de base esta concepción, estruturará a súa obra en tres partes , realizando ou desenvolvendo un diálogo figurado da autora con Razón, Rectitude eXustiza.

Coa primeira dama, a Razón , exporá unha pregunta para ela mesma ; “¿permitiu Deus que a muller acceda ás ciencias máis elevadas?”. A resposta , que brilla pola súa rotundidade, contén o núcleo do programa que permitirá alcanzar a desexada igualdade.


“...ninguén poderá soster o contrario, que se o costume fose mandar
as nenas á escola e ensinarlles as cienciascon método, como se fai cos nenos,
aprenderían e entenderían as dificultades e sutilezas de todas as artes
e ciencias tan ben coma eles”


Establecendo pois a diferencia no ámbito cultural , non co establecido puramente natural ou xenético. Esta afirmación , que basa o atraso no resultado das decisións humanas e totalmente revolucionaria. Os homes estarán na cúspidecientífica e artística do momento , si , pero non por unha superioridade intelectual de orixe , senón porque a súa experiencia vital será moito máis rica , sen as limitacións a un ámbito predefinido como o das mulleres (o fogar). As mulleres no desenrolan as capacidades científicas porque non estean predispostas , senón porque a sociedade non necesita ou non desexa que elas se ocupen dos asuntosconfiados aos homes, reducindo a súa ocupación ao estreito lugar de tarefas marcado pola Igrexa, que actúa coma monopolio da cultura da época.



Cristina de Pizán foi consciente da súa realidade social e convenceuse de que a igualdade entre homes e mulleres non se alcanzará sen lograr o recoñecemento da propia historia das mulleres, e dicir , que forme parte activa da historia global.

Outragrande autora coma Virgina Wolf ,decátase observando os grandes acontecementos da historia de Inglaterra (Guerra dos Cen anos , conflitos agrarios etc) que faltan as mulleres , salvo nalgúns casos puntuais coma as grandes raiñas o damas aristócratas, case nada hai da muller burguesa ou da vida cotiá que permitan explicar a participación das mulleres nos grandes movementos sociais. Non buscará , senembargo, a reescritura da historia senón agregar un suplemento a esta, para que as mulleres quedasen recordadas sen impropiedade.

As correntes actuais distan desta concepción , non se trata de escribir suplementos modestos , senón da reescritura da historia con plena propiedade , incluíndo a relación de xénero no centro da reflexión. A integración e investigación destes coñecementos nos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • INTRODUCCI N
  • Introducci N
  • INTRODUCCI N
  • INTRODUCCI N
  • INTRODUCCI N
  • Introducci N
  • Introducci n
  • INTRODUCCI N

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS