Introducion Primo de Rivera
Os documentos a comentar teñen unha natureza histórico-política, agás o documento 4, que amosa unha táboa de carácter económico, mostrando o incremento de producióndurante a ditadura.
Precedendo a este réxime ditatorial está a segunda etapa da restauración Borbónica. Esta comeza en 1898 coa perda das últimas colonias de ultramar, o que provoca un forte impactopsicolóxico para a poboación. Nese período, en 1902, Afonso XIII é nomeado rei, dando comezo a un período de grande inestabilidade social e política. Tras isto e despois dalgúns conflitos como aSemana Tráxica (1909), estala a crise de 1917. Esta comeza a raíz da escaseza de produtos básicos por mor de que estes eran vendidos aos países belixerantes na Gran Guerra a un elevado prezo, provocando unboom económico que beneficia aos empresarios, mais tamén unha crecente inflación que afecta ao pobo. Esta situación provoca un malestar xeral que desemboca en varias manifestacións en todo oterritorio, organizadas en gran medida pola UXT e CNT. A este malestar das clases populares súmaselle tamén o descontento por parte dos militares co Estado (devido á mala xestión, as continuas derrotas enMarrocos. …), o que derivou tamén en protestas dos mesmos durante a crise de 1917. A nivel político cabe destacar que aínda se mantiña a quenda pacífica entre liberais e conservadores, cousa que xaempezaba a molestar á poboación. Dentro deste contexto de crise xeneralizada e malestar, sucedeu o último feito destacábel da Restauración Borbónica, a ditadura do xeneral Primo de Rivera, iniciada en...
Regístrate para leer el documento completo.