Irmandades Da Fala
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ir a: navegación, procura
Carné das Irmandades da Fala de 1917, asinado por Vilar Ponte.
As Irmandades da Fala foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931. Coas Irmandades da Fala, o movemento galeguista asumiu por vez primeira o monolingüismo en galego.
Índice[agochar] * 1 Orixe * 2 Historia * 3Afiliación * 4 Ideoloxía e programa político e económico * 5 Notas * 6 Véxase tamén * 6.1 Bibliografía * 6.2 Outros artigos * 6.3 Ligazóns externas |
[editar] Orixe
Aurelio Ribalta, escritor galego que residía en Madrid e membro dun grupo de intelectuais galeguistas alí establecido, realizou un chamamento dende a revista Estudios Gallegos para defender a lingua galega en1915. O 5 de xaneiro de 1916 Antón Vilar Ponte recolleu a chamada de Aurelio Ribalta e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego e en marzo publicou o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional, no que volve sobre a cuestión da defensa, dignificación e fomento do uso da lingua galega.
Aproposta foi ben acollida por diferentes sectores ideolóxicos, aínda que serían dúas as tendencias principais, a de orixe tradicionalista de Antón Losada Diéguez e a liberal demócrata.
[editar] Historia
Dicionario bilingüe das Irmandades da Fala
O 18 de maio de 1916, Vilar Ponte convocou unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña, á que asistiron arredor de 20 persoas, entre asque se encontraban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Francisco Tettamancy ou Ramón Vilar Ponte, entre outros. Nesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia, e nomeouse a Antón Vilar Ponte como Primeiro Conselleiro.
De seguido constituíronsediversas agrupacións locais, comezando pola de Santiago de Compostela, o 28 de maio, presidida por Luís Porteiro Garea[1], e seguida polas de Monforte de Lemos, Pontevedra, Ourense ou Vilalba. Nestas agrupacións locais foron integrándose persoeiros como Aurelio Ribalta, Manuel Banet Fontela, Ramón Cabanillas ou Xoán Vicente Viqueira. Na agrupación de Ourense integráronse ao pouco persoeiros comoAntón Losada Diéguez, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas. Co tempo, tamén se fundaron agrupacións na emigración, entre elas en Madrid, na Habana e en Bos Aires.
O 26 de abril celebrou o primeiro acto público, en conmemoración dos fusilamentos de Carral. As primeiras accións das Irmandades estaban dirixidas á promoción da cultura e da lingua galegas, coa convocatoria decursos de galego, recitais, xogos florais, exposicións, etc., pero pronto comezaron a manifestarse tamén iniciativas de carácter máis político, como amosa o feito de presentaren en 1918 dous candidatos ás eleccións: Porteiro Garea por Celanova e Losada Diéguez pola Estrada, con negativos resultados námobolos dous casos[2]. Manuel Lugrís Freire redactou o que foi himno orixinario das Irmandades:
“ |Na fala gallega vivea ialma da nosa terra;
a redención de Galicia
nos seus acentos latexa.
Pobo que o seu verbo esquece
é traidor á natureza;
como irmáns todos falemosa nobre fala gallega. —Manuel Lugrís Freire[3] | ” |
O 14 de novembro nace o órgano oficial das Irmandades, A Nosa Terra, dirixida por Vilar Ponte e escrita integramente en galego, que naceu xa con 2.000 subscritores. Enfebreiro de 1917, Lois Porteiro Garea deu un mitin no Casino Republicano da Coruña, que supuxo o paso á actividade política do movemento, salto que tería fulminantes consecuencias, como o abandono dos elementos que só estaban interesados nun rexionalismo cultural e a perda de apoio da prensa da Restauración. A Nosa Terra deixouse de imprimir no obradoiro de La Voz de Galicia e este xornal...
Regístrate para leer el documento completo.