jgtfrdesfghujio

Páginas: 12 (2908 palabras) Publicado: 5 de junio de 2013
PAU

Código: 03

XUÑO 2012
HISTORIA DE ESPAÑA
OPCIÓN A
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España dende as súas
orixes ata a crise da Restauración. Nela debes desenvolver as seguintes cuestións: Razóns e reivindicacións das
mobilizacións obreiras; evolución das formas de organización e loita; identificación e caracterización dasprincipais organizacións de traballadores. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de
realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a
utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc.1.-A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da Coruña recollido en El País. Diario
de Pontevedra(13 de decembro de 1857):
“O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade (A Coruña).
Parece que no canto dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora ensaiando a construción doutros de
diferente feitura e (…) crearon un taller de pitos cunha máquina para picar o tabaco. Como ambas operacións son
novas, non se prestan nin acomodan a elasas cigarreiras, porque non saben facelos, tardando tanto en elaboralos que
a penas sacan a terceira parte do xornal que adoitaban (…). Alporizáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo
contra os xefes e empregados do establecemento, destruíndo todo o tabaco (…), racharon e fixeron anacos as
máquinas novas (…), tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e efectos queatoparon nas
habitacións do director”.
Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición ás Cortes:
“Señores Deputados das Cortes Constituíntes:
Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruína. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e
das habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ao taller ás nosas donascon
prexuízo da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes mesmos fillos a un traballo prematuro.
É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a
liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concorrencia, porque é a vida das artes; nin
que carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apurosdo Tesouro. Pedímosvos
unicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS.
Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en
adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles tarifas de
salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar oensino profesional e fomentar o
desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”.
Doc.3.-Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese do perigo que para
a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores (AIT):
“Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ao cidadán humilde e ao elevadomagnate, á relixión, á moral, á propiedade, ao traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á familia, á
seguridade persoal; á orde, ao goberno, á economía política; e en fin, a todas as entrañas da vida da humanidade.
¡Tremendo retroceso habería sufrir esta se en tal proba saísen vencidos os principios tutelares da súa existencia e
desenvolvemento!
E vencidos sairían se os ánimosrectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais están
ameazados, se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o abismo
onde empurra á sociedade enteira esa tempestade de erros (...), políglota e cosmopolita, que se titula a Asociación
Internacional”.
Doc.4.-En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a folga...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS