José luís méndez ferrín (en galego)
Biografía
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literaturagalega contemporánea e membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, da cal é presidente dende o 23 de xaneiro de 2010.
Na súa infancia reside en Ourense con estancias en Celanova. Nacidade de Ourense fai o primeiro curso de Bacharelato e trasládase despois a Pontevedra. É alí onde remata os estudos. Na Pontevedra dos anos 50 vai tomando conciencia da realidade lingüística ecultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional.
En 1955 comeza a estudar Filosofía e Letras na Universidade deSantiago de Compostela. Alí toma contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardará en reclamar unha nova articulación da oposición políticaao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocará a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última,cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere. Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no InstitutoSanta Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.É Doutor en Filoloxía.
Obra
Narrativa
Toda a narrativa de Ferrín réxese, en xeral, por uns mesmos principios que lle conferen certa unidade: no transcorrer da mesma vanse repetindo temas,personaxes, espazos e técnicas narrativas. Asemade toda ela liga coa tradición literaria galega e coa literatura universal do século XX. As principais características son:
* Preocupación crítica...
Regístrate para leer el documento completo.