juego infantil

Páginas: 30 (7489 palabras) Publicado: 28 de septiembre de 2013
C.F.G.S. Educación Infantil

Módulo: O Xogo Infantil e a s úa Metodoloxía

UNIDADE DIDÁCTICA 1: XOGO: CONCEPTOS E TEORÍAS

1. Concepto de xogo.

O xogo estivo presente ao longo de toda a historia da humanidade. Os nenos e
nenas de todas as culturas e de todas as épocas (incluso as máis primitivas)
xogaron. Sen embargo, dende o punto de vista da antropoloxía cultural
comprobouse que oxogo infantil, ainda tendo carácter universal e presentando unha
evolución segundo a idade, posue unhas características diferentes en función de seu
contexto cultural.
Isto é debido a que cada cultura ten uns elementos que a caracterizan e que
afectan á experiencia lúdica dos pequenos. Aspectos como a consideración da
infancia e o seu papel na sociedade, a orde social establecida ou o medioonde se
asenta dita cultura, entre outras, van incidir directamente na consideración social do
xogo.
Por exemplo, nas primeiras sociedades industriais, o traballo infantil era unha
práctica común posto que a economía familiar necesitaba dese salario. Nese
entorno, o tempo e o espazo adicados ao xogo eran mínimos, incluso socialmente
podía estar mal considerado polo seu carácter improdutivo.Pero non por iso se
deixaba de xogar.
En definitiva, o xogo existiu sempre formando parte dos sucesos e actividades da
vida diaria, unha vez cubertas as necesidades máis elementais. É máis, alguns
xogos como «xogar a ser maior» ou «xogar a papas e a mamas» reproducense na
maioría de sociedades e culturas.
Na linguaxe coloquial a palabra

Unidade Didáctica 1: O xogo: C oncepto e T eorías.xogo empregase como sinónimo

de

1

C.F.G.S. Educación Infantil

Módulo: O Xogo Infantil e a s úa Metodoloxía

esparcimento, de diversión ou de recreo. Se ben a busca do pracer foi e é un dos
móbiles da actividade humana, restrinxir o xogo, especialmente o xogo infantil,
exclusivamente a esa meta podería levar a plantexar unha visión distorsionada e
empobrecedora da súa funciónno proceso de desenvolvemento e aprendizaxe do
neno/a.
O xogo é unha actividade que aparece de forma natural en nenos e nenas e
constitue un modo peculiar de relacionarse co entorno. É a través do xogo que
descobren as súas posibilidades, aprenden a coñecer o mundo que os rodea e
interpretan a realidade, ensaian conductas sociais e asumen roles, aprenden regras
e regulan o seucomportamento, exteriorizan pensamentos, descargan impulsos e
emocións así como tamén satisfacen as súas fantasías. Estas razóns levannos a
considerar o xogo como unha das actividades básicas da infancia, indispensable
para o desenvolvemento psicomotor, intelectual, afectivo e social de nenos e nenas.
O xogo é un recurso didáctico con un alto valor educativo, especialmente na
primeira infancia.
Enconclusión, dende a perspectiva actua l, considerase que o xogo non é
simplemente unha actividade de diversión para os nenos e nenas, senón que tamén
é un dinamizador do seu desenvolvemento e un instrumento privilexiado para a súa
aprendizaxe, á vez que determina unhas accións que lles conducen a adquirir
habilidades que lles axudarán a ser adultos emocionalmente equilibrados.
Unha mostra daimportancia do xogo reflexase no seu recoñecemento explícito
como un dereitoo fundamental na infancia: O derecho ao xogo, na Declaración dos
Dereitos do Neno, adoptada pola Asamblea Xeral da ONU o 30 de novembro de
1959, o dereito ao xogo está recoñecido no artigo 7 e considerase tan fundamental
como o dereito á saúde a seguridade ou a educación: Artigo 7.«[...] O neno debe

Unidade Didáctica1: O xogo: C oncepto e T eorías.

2

C.F.G.S. Educación Infantil

Módulo: O Xogo Infantil e a s úa Metodoloxía

disfrutar plenamente de xogos e recreacións, os cales deben estar orientados hacia
os fins perseguidos pola educación; a sociedade e as autoridades públicas
esforzaránse por promover o goce deste dereito.»

2. Definición de Xogo.

Dende diferentes disciplinas como son a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Juegos Infantiles
  • juegos infantiles
  • juego infantil
  • Juegos Infantiles
  • El juego infantil
  • Juegos infantiles
  • juegos infantiles
  • Juegos infantiles

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS