kkkkkkk

Páginas: 15 (3674 palabras) Publicado: 26 de enero de 2014
DOG Núm. 182

Xoves, 22 de setembro de 2011

Páx. 27935

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
DECRETO 179/2011, do 8 de setembro, polo que se regula o réxime de prezos
e reservas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración na Comunidade Autónoma de Galicia.
A Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuída, segundo o teor do establecido no artigo 27.21do seu Estatuto de autonomía, a competencia exclusiva en materia de promoción
e ordenación do turismo no seu ámbito territorial, e ao seu abeiro ditouse a Lei 14/2008, do
3 de decembro, de turismo de Galicia.
En virtude da Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia
para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do
12 dedecembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, dáse unha nova redacción ao artigo 31 da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, segundo a cal
os prezos de todos os aloxamentos turísticos e dos establecementos de restauración teñen
o carácter de libre, e poden ser fixados e modificados polas empresas en calquera momento sen máis obriga que a de darlles publicidade;ademais, determina que regulamentariamente se establecerán as normas sobre facturación, publicidade de prezos, réxime de
reservas, cesión e anulación de servizos turísticos e as indemnizacións a que poidan dar
lugar.

CVE-DOG: 5a54aabd-57c5-4568-886a-663199e426d7

Na actualidade, e sen prexuízo do disposto sobre prezos e reservas no Real decreto
lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo quese aproba o texto refundido da Lei xeral
para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias, o réxime de
prezos nos establecementos turísticos está parcialmente regulado na Comunidade Autónoma de Galicia polo Decreto 191/2004, do 29 de xullo, de establecementos de turismo rural;
o Decreto 143/2006, do 27 de xullo, polo que se establece a ordenación dos campamentos
deturismo de Galicia; e o Decreto 108/2006, do 15 de xuño, polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes e das cafatarías da Comunidade Autónoma de Galicia;
así como, con carácter supletorio, pola Orde ministerial do 15 de setembro de 1978, sobre
o réxime de prezos e reservas nos aloxamentos turísticos.
Co fin de evitar as posibles dificultades interpretativas dos usuarios e usuariasturísticos e do propio sector turístico que puideren resultar da dispersión normativa exposta,
e ao abeiro da previsión do lexislador contida na nova redacción do artigo 31 da citada

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

DOG Núm. 182

Xoves, 22 de setembro de 2011

Páx. 27936

Lei 14/2008, considérase conveniente aprobar estedecreto que, por unha parte, refunde
regulamentacións dispersas e, por outra, actualiza e flexibiliza certos aspectos do réxime
vixente de prezos, como os referentes á súa globalidade, de xeito que inclúan o imposto
sobre o valor engadido, e o establecemento dun réxime común de anticipos e reservas.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, de acordo co ditame
doConsello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia,
na súa reunión do día oito de setembro de dous mil once,
DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais
Artigo 1. Obxecto.
Este decreto ten por obxecto regulamentar, para os efectos da ordenación turística, o
réxime de prezos dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración no ámbito
territorial daComunidade Autónoma de Galicia, no referente ao seu carácter, publicidade e
facturación, así como das reservas, cesións e anulación de servizos turísticos, sen prexuízo do que estableza a normativa sobre defensa dos consumidores e usuarios.

CVE-DOG: 5a54aabd-57c5-4568-886a-663199e426d7

Artigo 2. Ámbito de aplicación.
Este decreto será aplicable aos establecementos turísticos de aloxamento e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • kkkkkkk
  • kkkkkkk
  • kkkkkkk
  • kkkkkkk
  • kkkkkkk
  • Kkkkkkk
  • kkkkkkk
  • kkkkkkk

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS