La Actividad Económica Y Sus Sistemas Económicos

Páginas: 30 (7265 palabras) Publicado: 1 de diciembre de 2012
UNIDADE 1

A ACTIVIDADE ECONÓMICA E OS SISTEMAS ECONÓMICOS

ÍNDICE

PRESENTACIÓN 1. A ACTIVIDADE ECONÓMICA. 2. A ANÁLISE ECONÓMICA: A ECONOMÍA COMO CIENCIA 2.1. Campos de estudo da ciencia da economía. 2.2. Relacións da economía con outras ciencias. 3. O CONFLITO ENTRE RECURSOS ESCASOS E NECESIDADES ILIMITADAS 4.1. Os bens económicos e os servizos. 4.2. Clasificación dos bens. 4. AASIGNACIÓN DOS RECURSOS ESCASOS. 5.1. O custo de oportunidade. 5.2. A fronteira de posibilidades de produción (FPP). 5. OS PROTAGONISTAS DA ECONOMÍA: OS FACTORES DE PRODUCIÓN E OS AXENTES ECONÓMICOS 5.1. Os factores de produción. 5.2. Os axentes económicos. 6. OS SISTEMAS ECONÓMICOS E A SOLUCIÓN DOS PROBLEMAS ECONÓMICOS. 6.1. Principais problemas económicos 7. OS PRINCIPAIS SISTEMAS ECONÓMICOS

1 UNIDADE 1

A ACTIVIDADE ECONÓMICA E OS SISTEMAS ECONÓMICOS
Presentación

A persoa, ao formar parte da sociedade, está inmerso nun conxunto de relacións moi complexas de carácter social. Destas relacións sociais, as económicas, o obxecto de estudo das cales comezamos nesta unidade, son fundamentais. Realizaremos aquí un primeiro achegamento á Economía como ciencia. O obxecto primordial destaciencia é resolver os problemas que se derivan do comportamento humano. As relacións sociais que establece o ser humano determinan un proceso económico que consiste na creación de riqueza mediante a achega de traballo e a consecuente produción de bens e servizos co fin de satisfacer as necesidades. Este proceso económico esixe unha axeitada organización dos factores que interveñen, para, así, poderaproveitar do mellor xeito posible os recursos escasos de que se dispón. Esta é a orixe da actividade económica. Segundo a forma en que se organicen os factores produtivos e se dea resposta ao problema da escaseza, atoparémonos con distintos tipos de organización, é dicir, con distintos tipos de sistemas económicos. 1. A actividade económica

Ao elixir a opción do bacharelato de ciencias sociais,optaches por un conxunto de disciplinas académicas, o obxecto de estudo das cales son as orixes e desenvolvemento das sociedades, as súas institucións e relacións que configuran a vida social. Unha destas disciplinas é a economía. Poñamos un exemplo. Ao levantarnos cada día, para podérmonos desenvolver de xeito habitual (aseo, almorzo, desprazamento ao instituto ou traballo, etc.), apoiámonosnunha infinidade de actuacións económicas, así, se nos fixamos no almorzo, para que poidamos tomar o leite con cacao ou café, foi necesaria a intervención de miles de persoas e recursos. Se establecemos as conexións, veremos que participaron agricultores (cacao), gandeiros (leite), os subministradores de abonos e pensos para os Calquera acto social leva implícitas agricultores e gandeirosrespectivamente, os envasadores, relacións económicas nas que outros que distribuíron os produtos, etc., pero á súa vez, interveñen persoas e todas estas intervencións económicas necesitan doutras organizacións de todo o mundo máis, como as comunicacións, enerxía, etc. Se contásemos cantas persoas e entidades formaron parte para poder ter ese vaso de leite con cacao na mesa é probable que quedasemos curtos aodicir que miles. O mesmo poderiamos dicir do vaso, a mesa, o transporte para ir ao cinema, etc. Por último, se analizamos a orixe destas relacións veremos que interviñeron persoas e organizacións de todo o mundo. Os países que subministraron a materia prima (cacao), a enerxía (petróleo), as comunicacións (satélites), a distribución (transporte) etc. Pero, ¿que fixeron todas esas persoas einstitucións que interviñeron no exemplo do

2

UNIDADE 1

A ACTIVIDADE ECONÓMICA E OS SISTEMAS ECONÓMICOS

almorzo anterior? Pois organizar todos os recursos de que dispoñen, do mellor xeito posible, para producir e distribuír eses produtos co fin de que os poidamos consumir. Isto é o que denominamos actividade económica. En cada país ou rexión lévanse a cabo diversas actividades económicas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La vida economica(sistemas economicos
  • El derecho economico y los sistemas economicos
  • EL SISTEMA ECONÓMICO Y LOS AGENTES ECONÓMICOS
  • Sistemas economicos y modelos economicos
  • Actividades económicas
  • Actividades economicas
  • Actividad Economica
  • Actividades economicas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS