La Coherencia

Páginas: 9 (2245 palabras) Publicado: 2 de octubre de 2012
As propiedades textuais I: a coherencia. As definicións
1. AS PROPIEDADES TEXTUAIS 2. A COHERENCIA 2.1 Concepto 2.2 Erros relacionados coa coherencia 2.3 Actividades 3. AS DEFINICIÓNS 3.1 A definición lóxica 3.1.1 Actividades 3.2 A definición nominal 3.2.1 Actividades 1. AS PROPIEDADES TEXTUAIS Le con atención os seguintes fragmentos e indica de xeito argumentado se che parecen ou non textos:[Contexto: O profesor de francés pídelle ao seu alumnado que escriba un autorretrato en 10 liñas.]
Chámome Sandra e estou un pouco triste por ter que volver á escola pero tamén contenta porque me gusta a escola, sobre todo o Francés e a Historia, cando aprendemos como os seres humanos construíron o mundo onde vivimos hoxe. Terei aínda unha morea de cousas que dicir pero vostede vaime recoller asiñaa folla porque quixen facelo demasiado ben e comecei a escribir hai dous minutos, perdóeme polas falta. Chámome Hinda, teño catorce anos e son feliz de vivir. Máis tarde gustaríame ser mestra. Gustaríame estar en maternal, así teño menos traballo, unha folla e un feltro e xa están ocupados toda a xornada. Non, estou de broma, é só que me encantan os rapaces e tamén os libros de amor. FrançoisBégadeau: A clase

As esixencias que debe cumprir un conxunto de enunciados para constituír un texto denomínanse propiedades textuais e son, basicamente, tres: a coherencia, a cohesión e a adecuación. 2. A COHERENCIA 2.1 Concepto A coherencia é a propiedade que se refire á selección e organización da información. Cando producimos un texto debemos facernos entender dicindo o que queremos dicir. Paraiso, debe "ter sentido", isto é, ten que ser coherente. A información que queiramos transmitir cumprirá, polo tanto, unha serie de requisitos: - Estar relacionada, é dicir, ten que tratar do mesmo tema. Por iso ao longo do texto teremos repeticións dos seus elementos. - Ser completa e suficiente: non poden quedar lagoas. - Pero non ser redundante: non debemos repetir o xa exposto nin datosinnecesarios. - Non pode ser contraditoria: non podemos afirmar algo e expresar o contrario no parágrafo seguinte. - Debe estar organizada de xeito lóxico, agrupando as diferentes ideas en parágrafos. A medida que avance o texto iremos introducindo progresivamente ideas novas (rema) sobre o tema tratado. - Debe ser clara e estar exposta de xeito comprensible e sen rodeos. Non todos os textos teñen omesmo tipo de organización, é dicir, de estrutura, que depende das situacións comunicativas. Nalgúns casos, a estrutura vén determinada polo tipo de texto (por ex., nas cartas ou nas instancias). En xeral, podemos dividir un texto en tres partes: presentación do tema, desenvolvemento e conclusión. Se responde a esta estrutura será aconsellable que conste de tres parágrafos, como mínimo. 2.2 Errosrelacionados coa coherencia Para unha expresión clara e inmediata, debemos corrixir as impropiedades e imprecisións léxicas. a) A impropiedade léxica: emprego erróneo dunha palabra porque se lle atribúe un significado que non é o seu propio. Débese, fundamentalmente, a dúas causas: os termos confúndense porque posúen significados similares ou porque se parecen fonicamente. Por ex., en Semella que oexército americano
Rosa Salgueiro Salgueiro: As propiedades textuais I: a coherencia. As definicións

1

aínda non abandonará Irak, o termo americano está mal utilizado, dado que no seu lugar debería figurar estadounidense. Por outra banda, na oración Nas reunións da empresa a opinión das mulleres era sempre desprezable, ninguén a tiña en conta, o termo desprezable úsase equivocadamente nocanto de desprezada. b) Léxico impreciso: para favorecer a correcta interpretación dos nosos textos, procuraremos empregar léxico o máis exacto posible; debemos, polo tanto, corrixir os seguintes hábitos: Tipo de imprecisión Circunloquios Forma non recomendable facer uso de estar en posesión de dar comezo a... Sinónimos consecutivos Neste xornal informamos de feitos diarios e cotiáns, que nos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La coherencia
  • coherencia
  • La coherencia
  • Coherentistas
  • la coherencia
  • Coherencia
  • Coherencia
  • Coherencia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS