La Escuela Inclusiva
contexto social-cultural/ Xénero e Educación
IDENTIFICACIÓN DOS ASPECTOS MÁIS RELEVANTES DO MODELO
COEDUCATIVO E REFLEXIÓN PERSOALSOBRE O TEXTO DE SUBIRATS E
TOMÉ
O presente traballo constitúe, principalmente, unha reflexión sobre a importancia que
ten a sociedade á hora de adscribir determinadas actitudes e conceptos enfunción do
sexo, e como estas determinan o desenvolvemento integral dos nenos e nenas dende o
comezo da formación da súa personalidade. Partindo do famoso texto de Simone de
Beauvoir, O segundo sexo,as autoras explican a idea de que ‘unha muller non nace
muller, senón que se fai muller’, implicando polo tanto que as concepcións persoais
sobre qué significa ser home ou muller están sancionadaspolo contexto social no que
vivimos.
Unha das bases sobre as que se asenta o modelo coeducativo é a da diferenciación entre
sexo e xénero, en relación a que todos e todas debemos ser conscientes dedita
diferencia á hora de educar e de relacionarnos socialmente. Mentres que sexo se refire
aos factores biolóxicos, e polo tanto, invariables dunha persoa, o concepto de xénero é
fluído, xa queeste se refire a unha serie de ideas e nocións asociadas a qué signfica ser
home ou muller, ou qué se espera de cada un, que están ligadas ao contexto temporal e
cultural no que cada persoa sedesenvolve. Polo tanto, poderíamos dicir que a identidade
dunha persoa se constrúe en torno a un eixe tripartito: os factores biolóxicos, culturales
e sociais, sendo estes dous últimos vitais nasocialización dos nenos. Partindo desta
idea, debemos explicar o concepto de socialización primaria, que engloba a información
á que están expostos no seu ámbito normal de interacción co mundo, isto é, familiae
entorno. Esta é unha socialización non reglada, e polo tanto, dependente das
1
consideracións persoais de cada familia. No caso da socialización secundaria, esta
comprende a...
Regístrate para leer el documento completo.