La estructura económica de Galicia

Páginas: 13 (3250 palabras) Publicado: 6 de octubre de 2013

A estrutura económica de Galiza: o foro
 Orixes do foro. Aproximación ao contrato enfitéutico: diversidade das propiedades
Até hai pouco en Galiza existía unha estrutura agraria que non permitía o seudesenvolvemento e na que a terra é a base da riqueza económica e do prestixio social. Isto está regulado desde a Idade Media polo foro, un contrato que desde os séculos XII - XIII llesgarante aos señores o poder sobre a terra e a submisión do campesiñado:
 O campesiñado recibe:
Casa.
Horta.
Terreos preto da casa.
Terras de labradío.
Gando.
Medios de produción.
Aproveitamento dos montes (comunais) para pasto, leña, froitos... A recollida gratuíta do que caía das árbores fixo dos montes un importante medio de supervivencia.
 Obrigas dos campesiños:Conservar e coidar os bens.
Pagar unha importante renda:
En especie, o que supuña un terzo da colleita das terras de labradío e a metade das de viñedo.
En metálico, menos frecuente.
Impostos engadidos:
Loitosa: cesión da mellor cabeza de catro patas á morte do foreiro.
Laudemio: se se transfería o foro parte do diñeiro ía para o propietario.
Décimo: imposto eclesiástico que garantía a dependencia económica daIgrexa.
Duración:
Nos séculos XII - XIII duraba tres xeracións, cando remataba este tempo renovábase seguindo as condicións que impoñía o señor.
No século XVII duraba:
Tres papas se as terras eran da Igrexa.
Tres reis se as terras eran da nobreza laica.
Herdanza do foro: o foro era indivisíbel, as terras sometidas a este contrato eran xa de por si pequenas e se se dividían non producirían osuficiente para alimentar a ninguén. Por iso, o foro podía ser vendido ou herdado por un dos fillos do campesiño, que debía cumprir as seguintes condicións:
Estar casado.
Vivir na casa e coidar dos pais.
Só podería ser titular do foro á morte do pai e os demais fillos debían entón abandonar as casa e as terras, agás os solteiros(maneiros).
Consecuencias: aínda que adoita considerarse o foro comoo responsábel do minifundio, isto non é exactamente así. As propiedades foran sempre pequenas (para o que é necesario un tratamento intensivo). Cando as terras non eran suficientes por mor da presión demográfica levábase a cabo un proceso de ruturación (conversión do monte en terreo cultivábel), que duraban un seis anos ou o tempoque determinase o señor.
O subforo
O subforo supón:
O propietario daterra (xeralmente mosteiros) arréndalla a un foreiro pertencente aos estratos superiores da sociedade rural.
O foreiro, á súa vez, arréndalle as terras a un campesiño para que as traballe.
A relación entre campesiño é propietario vólvese indirecta.
O campesiño ten que lle pagar ao propietario e ao intermediario (que poden ser varios).
Os intermediarios saen beneficiados e establécense así asbases do que sería a fidalguía do século XVIII.
Os mosteiros fan isto porque lles compensa recibir unha renda fixa, aínda que sexa menos, ca unha renda variábel.
Para algúns autores o subforo foi positivo:
É un contrato de longa duración que fai que os propietarios se preocupen máis de cobrar as rendas ca de especular sobre as terras.
O espolio, ou dereito do propietario para expropiarlle aterra ao campesiño, vólvese máis infrecuente.
O sistema de rendas en especie non frea a introdución de novos cultivos (máis produción = máis beneficios para os campesiños.)
Redúcense as cargas engadidas: o laudemio pasa de ser a cuarta ou sexta parte á décima e loitosa pasa a ser un pago en metálico realizado entre tódolos membros da comunidade. Dependendo das zonas as cargas son maiores oumenores.
Ademais, aínda que en teoría non se podía parcelar o foro, na práctica faise, especialmente en épocas de fame.
O desenvolvemento do sistema foral: a Pragmática de 1763
Desde mediados do século XV os campesiños, ante a imposibilidade de pagar todas as cargas impositivas, néganse a facelo. Esta situación agrávase no século XVII, o que favorecerá o auxe da fidalguía:
Causas:
Hai unha...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Estructura Económica De Galicia
  • auge economico nueva galicia
  • Estructura Economica
  • Estructura economica
  • Estructura economica
  • Estructura economica
  • Estructuras Economicas
  • Estructura Economica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS