La metamorfosis - fran kafka
Unha mañá espértase e ve que se converteu nun becho con moitas patas. E como non se daba movido por culpa da mutación, o seu xefe foi a súa casa na súa busca e soencontrou un becho que non podía falar como unha persoa. Entón a familia decidiu pechalo no seo cuarto, onde a súa irmá lle daba de comer e limpaba o cuarto mentres el se agochaba embaixo dun canapé.
El polas noites escoitaba as conversas da familia sobre os novos traballos e as preocupacións. Pouco a pouco comezou a gatear polas paredes e teitos e quitáronlle os mobles para que puidera facelomellor. Pouco a pouco a irmá deixou de limpar tanto e el comezou a comer menos e un día el saíu da habitación e o seu pai tiroulle unha mazá que lle quedou cravada no lombo e se lle infectou.
Máis tarde os pais alugaron unha habitación a uns hóspedes que sen querer descubriron a Gregorio e o pai botounos fóra da casa. Ese día Gregorio morreu xa que non comía nada e a ferida estaba moi infectada.Ese mesmo día a familia liberouse e puido pensar en claro por primeira vez en moito tempo.
As personaxes principais son:
• Gregorio Samsa que é un viaxante que vende telas e que traballa polo ben da súa familia e que se pasa moito tempo fora de casa, esta resignado polo seu traballo xa que a el non lle gusta estar separado da xente que quere e ademais o traballo de viaxante é moi cansado.Gregorio é unha persoa xenerosa xa que lle da o seu diñeiro aos seus pais e aínda por riba quería pagarlle o conservatorio de musica a súa irma. Pero cando se converte no becho a súa maneira de ser cambia xa que comeza a pensar en si mesmo so e non se preocupa polos sentimentos dos demais e a súa situación que era moi complicada.
• A irma de Gregorio, que se chama Greta Samsa, é unha nena dedezasete anos que esta estudando e toca o violín, é o membro da familia que mellor se leva con Gregorio e por iso ela è a que toma a responsabilidade das labores domésticas despois de que a súa familia non pode manter a su limpadora por falta de capitais. Ela è a única que se atreve a entrar no cuarto do seu irmán despois da mutación. O principio atendíao ben (limpaba o cuarto,colocaba as cousas,dáballe de comer, etc), pero mais tarde comeza a non ter tempo para iso e cansase de facelo. Logo dáse conta que é imposible vivir cun becho, e propón desfacerse del.
• A nai de Gregorio é unha muller, tamén retirada, que ten asma, cousa que lle complica moito a vida. Ela aínda quere ao seu fillo cando se transforma, pero dálle medo a súa nova forma. A pesar da metamorfose do seu fillo, ela quere quese quede na súa casa, porque lle parece que segue sendo o seu fillo.
• O pai de Gregorio é un home retirado dende fai máis de cinco anos, que tiña débedas co xefe de Gregorio. El detesta no que se transformou o seu fillo,a transformación pono de mal humor e non se fía moito del xa que pensa que xa non é o seu fillo e que en calquera momento pode atacarlles, por iso un dia lle tirou a maza quelle fixo a ferida.
• O xefe de Gregorio é o home para o que traballa Gregorio e é o home a quen os pais de Gregorio lle deben diñeiro, Gregorio traballa para el para pagar esas débedas. Cando ve que Gregorio non colle o tren que tiña previsto para as cinco, vai á súa casa, onde despois de tentar falar con el, o encontra transformado nun becho e sae correndo.
A metamorfose engloba dous aspectosimportantes:
O primeiro que Kafka remarca é un aspecto social. Gregorio Samsa querería facer miles de cousas, pero o seu pai ten unha débeda e ten que traballar por el para pagala. Suponse que Gregorio non desexa traballar na compañía, xa que leva cinco anos e aínda lle quedan outros cinco para acabar de pagar a débeda e dedicarse ao que realmente quere. Por iso, precisamente, convértese...
Regístrate para leer el documento completo.