La roña

Páginas: 54 (13411 palabras) Publicado: 4 de diciembre de 2014
TODO TODO TODO, QUIERO CONTIGO TODO
ta anos. Mais entre aquel tempo e o noso hai moita
máis distancia que a que eses sesenta anos representan: hai toda a que
poñen a soberbia e a pseudo cultura.
Dígoo porque agora que andan os sabios esbesullándose para
esculcaren unha chea de feitos desta clase, o vulgo letrado das vilas
non quere dar creto a estas historias por máis que llo asegurenpersoas
asisadas e verdadeiras. Eu teño para min que os antigos sabían disto
moito máis do que nós podemos sospeitar tan sequera, e que moito do
que sabían os antigos aínda o sabe o vulgo iletrado das aldeas.
Mais imos ao conto.
Era polo castañar. O tempo era revolto e outonizo, chovía por veces
e facía tan escuro que era noite pouco despois de xantEstabamos  unha  noite  no  muíño  do tío  Xan  da  Barca,  o  señor  Cibrao  de 
Penapetada, o Goriño  e mailo Bastián de Paradela,  a Rosa, o  señor Rafael o 
castelán e mais eu, cando lle preguntou o Bastián de Paradela: 
‐¡Ai, señor Cibrao! ¿Vostede que ten ido tanto ao Couto de Lourido, el é certo 
que hai alí unha moura encantada, e que ten un tesouro, e que sae peiteando os cabelos cun peite de ouro, e que din que lle ha dar o tesouro todo ao que lle 
recolla o peite do chan cando lle caia das mans? 
‐É certo ‐respondeu o señor Cibrao‐ ; e tan certo. 
‐¿E vostede viuna? 
‐Vin, unha mañá cedo, ao romper o día. Baixaba eu da serra, e vina, estaba de 
min  coma de  aquí  ao  canasto da  eira; mais  eu fuxín  a présa,  e tan  sequera 
quixen dar volta á cabeza... Esas cousas que non son de cristiáns... E o señor Cibrao acenou coa testa que non. 
‐Pois eu se a vira ‐ dixo o Bastián‐ había ir onda ela, e cando lle caese o peite das 
mans, habíallo recoller sen medo ningún para que me dese o tesouro. 
‐¡Antes cegues que tal fixeras! 
‐¿E logo por que, señor Cibrao? 
‐¡Mais che valera morreres alí de contado!... No couto de Lourido hai un tesouro moi grandísimo. Hai unha trabe de ouro e outra de alquitrán. Se chegas á de 
ouro, faste rico; mais se vas dar á de alquitrán, entón ármase un lume que arde 
todo en cen leguas á redonda. Mira: ela hache levar por debaixo da terra, onde 
se apartan dous camiños: segundo collas por un ou por outro, así chegas á trabe 
de ouro ou á de alquitrán. Mais se colles o peite de ouro, entón é seguro que 
atinas coa de alquitrán, e alí quéimase todo. 
‐¿Enton que é o que hai que facer? ‐Pois levas na bolsa un peite de corno, e cando á moura lle caia o de ouro das 
mans, dáslle o de corno para que se peitee con el, e para o outro nin tan sequera 
tes que botar unha ollada, senón es perdido... 
‐¿E a moura cando aparece? 
‐Pois a moura aparece sexta feira, pola mañá cedo, antes de romper o día. Tan 
logo  como quere  saír o sol, desaparece e xa non volve. Tamén a teñen visto 
outros días, mais o  seguro é que  sexa  sexta feira, que é o día  santo que eles 
teñen, coma nós o domingo... 
 
Cando os dous mozos viñan de volta para Paradela,  cada un  co  seu pollino 
cargado cos costais da fariña, o Bastián díxolle ao Goriño: 
‐¡Chacho! despois de pasado mañá é sexta feira. ¿Queres que vaiamos ti e mais 
eu ben cedo ao Couto de Lourido? E foron. A noite antes saíron coma quen que ían de tuna, o Bastián meteu na 
bolsa un peite de corno, e dende as doce da Non sei que ten a natureza nestas encañadas fondas onde o sol entra
pouco, que semella que se recolle en si mesma e fica calada, embora
muda e todo, estea falando decote a todos os sensos do home...
O souto onde andaba o Ánxel era pecho e sombrizo, cuberto o chan
de herba verde entre a que medraban gamóns,estraloques, póutegas e
chouparros, floradas terras húmidas...
Os soutos teñen un cheiro de seu. O cheiro dos soutos é un cheiro
especial, e non é o da amenta acochada non sei onde, nin do fiollo, nin
das escornacabras; eu coido que é a sombra dos castiñeiros a que cheira
a fresco, cheira a silenzo encalmado... É un silenzo onde se oen caer...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El ron
  • la roña
  • El Ron
  • La Roña
  • Ron
  • El Ron
  • El ron
  • el ron

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS