Land Rover Suso de Toro
Así son as cousas
Capítulo 1
Non sabemos quen fala pero si sabemos o que pasa. O protagonista deste capítulo, atópase bébedo cando ve un Land Rover que marcha coas luces postas e fala dunha muller chamada Amparo coa que ten unha relación distinta que co resto. Na escuridade do aparcadoiro ponse a mexar pero tropeza con algo, que non sabe o que é, polo que usa un acendedor edescobre un home morto, tirado, cun ollo aberto. Como resultado de todo o que aconteceu bota a correr berrando.
Capítulo 2
Preséntasenos , sobre todo fisicamente, ós irmáns: Abelardo e Sindo; protagonistas centrais do libro. Os dous irmáns veñen de falar co perito sobre as partillas e logo disto diríxense a un bar a tomar algo. No bar discuten sobre as partillas e sobre a súa nai, xa morta. Segundo oque dialogan a nai queríalle máis ó Sindo que ó Abelardo. Como peche do capítulo marchan dese bar cara outro distinto.
Entre o capítulo atopamos dúas historias que non coinciden no cronotopo anterior. A primeira conta un asunto de diñeiro anterior pero no mesmo bar e volve aparecer Amparo, que resulta ser a muller de Sindo. A segunda fala sobre o momento da morte da súa nai e como, supoñemos queAbelardo, está a velo todo dende unha fiestra.
Capítulo 3
Dende a perspectiva de Sindo atopámonos unha historia centrada nunha romaría. Sindo invita a unha moza a ir con el á romaría pero ela non o acepta. Na romaría a ve bailando con Abelardo. Ó final é aberto pois dáse a entender que Sindo e mailos seus amigos van esperar ó Abelardo ó remate da romaría mais non o sabemos con certeza.Capítulo 4
Trátase dunha toma de declaración do camareiro do bar ao que acudiron os irmáns. O camareiro indica que "non lle sei ben como é a historia. Polo visto un lío de cando a guerra, pero non sei como é a historia", isto pode referirse ó capítulo anterior pois fai referencia ó ano 1935, a piques de comezar a Guerra Civil. O camareiro relata o acontecido no bar e de que os coñecía (da muller doSindo).
Así son as cousas
Capítulo 5
Abelardo compra menciñas á súa muller pois dende que morrera a súa nai non se atopaba ben. Sindo compralle un pano á súa muller.
Hai outra historia anterior sobre a vida de Amparo e Sindo. Ela, xunto co seu fillo, marcha da roulotte onde estaban a vivir e nos enteramos de que perderan un fillo pola suposta culpa do Sindo.
Os irmáns falan sobre o que pasaraentre Sindo e maila muller para que se separasen. Nesta conversa enterámonos das ganas que ten o Sindo de volver con ela e dos plans que ten para conseguilo, mais tamén nos conta os impedimentos que atopou para ver ó seu fillo na casa dos pais dela.
Capítulo 6
Este capítulo é unha descrición dunha situación entre os pais dos irmáns, do mesmo nome, na que Sindo á vez que amarra a Abelardo mófasede toda a súa vida.
Capítulo 7
Nesta parte do libro atopámonos a muller de Sindo esperando que Pilar, a muller de Abelardo, fale coa policía.
Capítulo 8
Sindo móstralle o seu irmán o local que quere comprar cos cartos da venda das parcelas para poder conseguir a súa muller de novo. Seu irmán discute con el sobre como pode estar pensando en comprar sen aínda ter os cartos.
Logo temos outraretrospectiva na que coñecemos a historia de Felisa, unha muller coa que Sindo mantiña relacións sexuais.
Capítulo 9
Este capítulo non ten moita transcendencia e narra a declaración do camareiro dun dos bares o que foron os irmáns.
Así son as cousas
Capítulo 10
Sindo e Abelardo discuten outra vez sobre as leiras e sobre Amparo. Sindo convence a seu irmán de que o axude a recuperar a súamuller e para iso cómpre que o acompañe xunto dela, pois segundo el ela tíñalle respecto o Abelardo. Cóntasenos tamén os problemas que tiñan Abelardo e maila súa muller para teren fillos e como ela botáballe a culpa a nai del, pois cría que lles botaba meigallos.
Neste capítulo aparecen outros personaxes a partir dos cales podemos ter outras perspectivas da relación entre Sindo e a súa muller....
Regístrate para leer el documento completo.