Las Lagrimas
A nai de Xabier comunícalle que vai pasar o verán en Vila Candeloria, xunto cos seus tíos e as súas curmás. Uns días despois, colle o tren e chega a Santander, onde o agardabao seu tío. Logo, o tío condúceo ata Vila Candeloria, e alí coñece as súas curmás. Unha sorpréndeo en especial, xa sexa polo seu físico ou pola súa maneira de vestir, Violeta. Despois, xa pola noitecando estaba na cama, sente unha presenza fantasmal. Xabier pensa que é produto da súa imaxinación ó estar nunca casa tan antiga, pero noutra ocasión, ve as saias desa muller espectral, e Violetadecátase, porque ela tamén a pode ver. A partir disto, xuntos comezan unha investigación sobre Beatriz Obregón, unha antepasada de Violeta, que cren que é a pantasma. Van ó camposanto, e Violeta cóntalle ahistoria das Lágrimas de Shiva, o regalo que o seu futuro marido lle regalara polo seu compromiso a Beatriz, e o seu misterioso desaparecemento un día antes da voda. Xa de volta na casa, nabiblioteca, Xabier atopa un escrito nun libro que pertencera a Beatriz, o que lles axuda moito na investigación, e polo cal, van falar cun home da vila que lles achega numerosos datos sobre o buque Savanna e omaís importante, sobre o seu capitán, Simón Cienfuegos. Seguen avanzando na investigación e o espectro condúceos xunto unha tal Amelia, que fora doncela de Beatriz e que aínda vivía. Dálles vitalinformación para a súa investigación, pero decátanse de que mente. Ocóreselles buscar no faiado, nos mobles de Beatriz, e a súa búsqueda dá resultado. Un tempo despois, sen que Violeta se decatase, Xabiervolve visitar a Amelia, e ela, xa cansa, cóntalle toda a verdade, e tamén lle confesa, ademais da historia de amor entre Beatriz e Simón, que a súa dona, Beatriz, non marchara coas valiosísimasLágrimas de Shiva, como cría todo o mundo, senón que ela, Amelia Bareyo, se quedara con elas e gardáraas todos estes anos. Amelia, sorprendentemente, devólvelle a magnífica xoia, e Xabier, ao chegar á...
Regístrate para leer el documento completo.