Latin

Páginas: 24 (5953 palabras) Publicado: 4 de diciembre de 2012
UNIDADE

4
ÍNDICE DE CONTIDOS 1.1. O infinitivo 1.2. O participio

As construcións de infinitivo e participio Tradución: Eutropio (II) O teatro en Roma Toponimia e latinismos (IV)

1. SINTAXE : AS CONSTRUCIÓNS DE INFINITIVO, PARTICIPIO.

2. TRADUCIÓN DE PROSA: EUTROPIO (II) 3. O TEATRO EN ROMA: A TRAXEDIA E A COMEDIA (PLAUTO) 3.1. Definición e características xerais do teatro 3.2. Tiposde teatro en Roma: traxedia, comedia, fabula atellana e mimo 3.3. A traxedia romana 1.4. A comedia romana: Plauto 4. TOPONIMIA (IV): DE COUTO A FONDEVILA 5. LATINISMOS (IV): DE ET CETERA A HABEAS CORPVS

Despois de estudar a morfoloxía e unha pequena introdución as funcións das formas non persoais do verbo (Unidade 2), traballarase nesta unidade máis en profundidade a súa sintaxe. A complexidadee gran diferenza coas nosas linguas destas formas fará que nos deteñamos en tres aspectos fundamentais: • • • revisar a súa formación, entender a súas funcións e desenvolver técnicas de tradución ao galego e ao castelán.

Na parte de literatura abordaremos o tema do teatro, especialmente o da comedia con especial atención a Plauto e a Terencio. É necesario facer fincapé sempre nascaracterísticas básicas dos xéneros literarios, sen perder de vista o mundo dos conceptos que tentan transmitirnos e a súa función social. Lingua Sintaxe latina: As construcións de: • • Infinitivo Participio. Toponimia e Latinismos Pervivencia do latín no galego e castelán a través da • • toponimia e das expresións latinas Literatura latina O teatro en Roma. Traxedia e Comedia. Plauto

aínda utilizadas naactualidade.

LATÍN II / Unidade 4. Sintaxe latina: as construcións de infinitivo e participio. 1

1. Sintaxe: As construcións de infinitivo e participio
Na Unidade 2 fixemos un repaso da morfoloxía das formas nominais do verbo. Agora abordaremos o seu comportamento sintáctico. É preciso ter presente que a comprensión e o dominio do funcionamento de infinitivo e participio latinos sonfundamentais para adquirir destreza na tradución dos textos. Aínda que non todos os autores as empregan coa mesma frecuencia, as construcións nas que participan son moi frecuentes: se sabemos analizalas e interpretalas correctamente teremos un bo treito percorrido. Para o que se refire ó xerundio, xerundivo e supino, as outras formas nominais do verbo, remitimos ó exposto na Unidade 2, no que expoñiamos osseus rasgos morfosintácticos

1.1. O infinitivo
O infinitivo, que é un derivado verbal, ten un comportamento bastante diferente ao que amosa nas nosas linguas nas que pode desempeñar tódalas funcións propias dun substantivo, formar perífrases e incluso ir acompañado de preposicións. En latín as súas funcións están moi delimitadas. 1. O infinitivo pode aparecer na cláusula cumprindo, de xeitoanálogo aos substantivos, as funcións de suxeito, atributo, obxecto directo e predicativo ou adxacente: Dulce est amāre – “Amar é doce” – SUX (o infinitivo é un substantivo neutro) Ego vivĕre amo – “Eu amo vivir” – OD Este xiro non é problemático á hora de traducir, dada a semellanza co que acontece nas nosas linguas. Nas gramáticas é frecuente atopar a denominación “infinitivo concertado”. 2. Maisos autores latinos empregan moito unha construción moi característica, propia do infinitivo en presenza de determinados verbos, pertencentes a campos semánticos de “lingua”, “pensamento”, “vontade” ou “sentimento”. Vexamos o seguinte exemplo: Te advenisse gaudeo

LATÍN II / Unidade 4. Sintaxe latina: as construcións de infinitivo e participio. 2

Esta cláusula significa “Alégrome de que (ti)viñeras”. A partir desta tradución, as gramáticas latinas tradicionais din que estamos diante dunha “oración de infinitivo non concertado, con SUX en AC”, que tamén se denomina AcI (=Accusativus cum Infinitivo). Con isto quere dicirse que o SUX do verbo principal non coincide co do infinitivo. Efectivamente, gaudeo ten como SUX un ego elíptico, presente na desinencia –o. Sen embargo, advenisse...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Latin
  • Latín
  • Latin
  • Latinos
  • latin
  • Los Latinos
  • Latín
  • latin

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS