Licitacion
PREGO ADAPTADO Á LEI 2/2011DO 4 DE MARZO DE ECONOMÍA SUSTENTABLE
l.-Elementos do contrato
1.1) Obxecto do contrato
O presente contratoten por obxecto a execución das obras ás que se retire o epígrafe 1do cadro de características do contrato, con suxeición ao proxecto técnico, integrado polos documentos enumerados no artigo 107 da Lei 30/2007, do
30 de outubro, de contratos do sector público (en diante LCSP), incluído o correspondente estudo de Seguridade e Saúde ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde, de acorde co establecidono art. 4 do Decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acorde co disposto no art. 4 do R.D. 105/2008 .
O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste prego, tendo carácter contractual.
En caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescriciónstécnicas prevalecerá o primeiro.
1.2) Delimitación do contrato
Para os efectos do presente prego e da LCSP están suxeitos a regulación harmonizada os contratos de obras cuxo valor estimado sexa igual ou superior á cantidade que figura no art. 14.1da LCSP.
Neste sentido no epígrafe O do cadro de características indícase esta circunstancia.
2) Orzamento do contrato e tipo de licitaciónSinálase como tipo de licitación o importe do proxecto que figura no epígrafe 2 do cadro de características do contrato, realizándose a mellara mediante baixa respecto deste.
Na contratación destas obras entenderase que os contratistas, ao formular as súas propostas económicas, incluíron dentro delas o importe do imposto sobre o valor engadido, sen prexuízo de que o importe deste imposto seindique como partida independente, de conformidade co art. 75.2 LCSP e modelo de oferta económica do presente prego.
3) Financiamento
3.1. Obras de carácter anual:
Para atender as obrigacións económicas que se derivan para a administración do cumprimento do contrato existe crédito suficiente no orzamento con cargo á aplicación sinalada no epígrafe 3 do cadro de característicasdo contrato.
3.2. Obras de carácter plurianual:
De conformidade co disposto no artigo 174 do Decreto lexislativo 2/2004 do 5 de maio polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais e artigo 79 e seguintes do Decreto 500/90, imputaranse aos exercicios orzamentarios que se detallan para cada proxecto de execución de obra no epígrafe 2.8. En consecuencia opresente gasto queda subordinado ao crédito que para cada exercicio se consigne no orzamento.
No suposto de reaxuste de anualidades estarase ao disposto na cláusula 5 do presente prego.
4) Revisión de prezos
Atendendo á natureza da obra, non procederá en ningún caso a revisión de prezos do presente contrato e por tanto non se aplicará fórmula ningunha de revisión.
5) Prazo de execución5.1.- O prazo de execución do contrato será o que se sinala no epígrafe 4 do cadro de características do contrato, contado a partir do día seguinte ao da firma da acta de comprobación de replanteo, salvo que exista reserva fundada que impida o seu comezo. O prazo contarase sempre en días naturais.
5.2.- Prórrogas.- O prazo contractual só se prorrogará cando concorran as circunstancias erequisitos esixidos pola lexislación vixente.
5.3.- Prazos parciais.- Os prazos parciais serán os que no seu caso, se fixen na aprobación do programa de traballo.
5.4.- Reaxuste de anualidades.- A baixa ofertada polo adxudicatario aplicarase, na súa integridade á redución do finan ciamento previsto nas últimas anualidades, mantendo inalterable o financiamento previsto para as primeiras....
Regístrate para leer el documento completo.