LIMPEZA DE SANGUE

Páginas: 10 (2436 palabras) Publicado: 31 de marzo de 2015
LIMPEZA DE SANGUE
1.FICHA BIBLIOGRÁFICA DO LIBRO
TÍTULO DO LIBRO
Limpeza de Sangue: o sangue fai ruído.
XÉNERO
Teatro
EDITORA
Xerais
ANO E LUGAR DE EDICIÓN
2005 en Ribadeo.
NÚMERO DE PÁXINAS
170 Páxinas
PREMIOS OUTORGADOS
Premio Álvaro Cunqueiro en 2005
Premio Nacional de Literatura dramática en 2007
XV Premio María Casares en 2011 ao mellor texto orixinal

2.INFORMACIÓN SOBRE O AUTOR
RubénRuibal Armesto naceu en Ribadeo (Lugo) no 1970 é amo de casa e agricultor a tempo parcial. Tamén foi empregado da biblioteca, visitador do INE, vendedor en grandes almacéns, comercial, tradutor... Formouse como actor, escenógrafo e axudante de produción e dirección na Aula de Teatro da Universidade de Santiago, no Teatro Universitario de A Coruña, na Escola de Tatro Danthea e a compañía Facho. Xuntocon Roberto Vidal Bolaño formou parte da compañía de teatro Aquí. Posteriormente, no ano 2000, con Carlos Losada, fundou a compañía de teatro Cachuzo coa que levou á escena os seus textos teatrales. Nun primeiro momento Rubén Ruibal empezou no teatro como afeccionado mais acabou realizando traballos de actor, escenógrafo e director. A súa obra Limpeza de Sangue foi unha homenaxe a Roberto VidalBolaño. Outros autores que tomou como referencia ao largo da súa carreira son Álvaro Cunqueiro, Suso Pensado, Julio Cortáza Bohumil... Limpeza de Sangue, a obra que imos analizar, foi a fonte de moitos éxitos para este escritor, foi o segundo galego en gañar o premio Nacional de literatura dramática.
3.RESUMO DO ARGUMENTO
Esta historia trata de Fernando, un home casado e cunha filla, que está noparo e que leva un nivel de vida baixo. Un día calquera no seu edificio encóntrase cun vello amigo da súa antiga mala vida, Clemente, o cal segue consumindo drogas. Ambos están desesperados por conseguir cartos e deciden atracar un supermercado. Clemente antes de atracar o supermercado, colócase moito de heroína e o roubo non sae como pretendían. É todo un pouco caótico xa que unicamente rouban 233euros e Fernando acaba ferido. A caixeira recoñéceos e son investigados polo inspector Castelo. Por outra parte está Pantaleón que é un home que traballa con Don Anselmo no ámbito da construción estafando á xente e o inspector tamén ten que ver nesa estafa. Fernando e Pantaleón coñécense na diálise, aínda que xa se viran no atraco do supermercado xa que Pantaleón fora testemuña aínda que non quixodeclarar en contra del. Fernando por culpa dunha malleira que recibiu no cárcere é agora un criado da diálise e Pantaleón por causas da vida tamén o vai ser. Na diálise van coincidir estes dous personaxes e pouco a pouco van a ir facéndose confidentes. Un día deciden cambiarse a casa e nese cambio ambos sofren as intranquilidades do outro. Tanto Fernando como Pantaleón andan metidos en leas. Osmédicos insisten en que Fernando non deixou as drogas e que por iso os seus análises seguen saíndo mal, pero Pantaleón insístelle ao médico en que lle dean unha oportunidade a Fernando para o transplante. Ao pouco tempo a Fernando cédenlle un ril, e sen ter a oportunidade de despedirse da súa muller entra na operación, nesa operación na que perde a vida, non por unha neglixencia co ril, se non por untumor que tiña no corpo e que ninguén coñecía. Unha vez morto Fernando, Clemente vai ao seu funeral, ao igual que Pantaleón que vai a ofrecerlle a Mucha todo o seu apoio e axuda para o que necesite, aínda que esta a rexeita.
4.TEMAS PRESENTES
As drogas e a mala vida: Nesta obra aparecen reflexados os temas das drogas, da delincuencia, da pobreza. Esta temática vémola nos personaxes de Fernando eClemente sobre todo. Fernando estivo no cárcere e nun pasado consumía drogas e Clemente segue a consumir drogas e tamén estivo no cárcere. As vidas destes dous personaxes réxense por unha mala vida que comezou coas drogas e a pobreza.
A amizade: O tema da amizade vémolo reflexado en Pantaleón e Fernando dunha maneira forte. Ambos negan esa amizade, din que nun principio se caían mal, e que e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La Sang
  • SANGER
  • La sang
  • Sang
  • Sanger
  • sanger
  • la sang
  • Sanger

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS