.Lingua gallega
Desde o punto de vista semántico, o substantivo é unha clase de palabra que empregamos para
denotar entidades do mundo real ou imaxinario,sexan estas obxectos concretos ou conceptos
abstractos. Desde o punto de vista funcional é o núcleo da frase substantiva. E desde o punto de vista
formal está constituído por un lexema que achega osignificado léxico da palabra e uns morfemas
flexivos de xénero e número que modifican gramaticalmente o lexema ( que poden amosar a marca cero
nos termos non marcados de cada opción). Ex:
Nen - a - sLEX MXº MNº
Rapaz - Ø - Ø
LEX MXº MNº
Ademais destes morfemas obrigatorios, algúns substantivos presentan tamén uns morfemas facultativos
derivativos ( prefixos e sufixos) ou alterativos (sempre sufixos con valor aumentativo ou diminutivo).
Nos substantivos as marcas de xénero e número son inherentes á súa propia natureza, a diferenza do
que sucede nos adxectivos nos que a categoría do xºe nº veñen determinadas pola concordancia co
substantivo.
1. A categoría do xénero.
O xénero é unha categoría que ten como función clasificar os substantivos en dúas clases: masculinos efemininos. Todos os substantivos teñen xénero pero só un grupo presenta oposición xenérica, é dicir,
desde un punto de vista semántico,neles funciona a oposición masc./femi.
Nos substantivos nos quefunciona a oposición masc./femin., o xénero pode ter diferentes significados:
· Nos substantivos que designan seres sexuados o xénero significa unha oposición do tipo
macho/femia. Ex: can/cadela,avó/avoa,……..etc.
· A oposición masc./femin., tamén pode significar unha diferenza de tamaño. Ex: barco/barca,
cesto/cesta,……etc
· Noutros casos significa unha diferenza do tipo individual/colectivo. Ex:ramo/rama,
madeiro/madeira,….etc.
· Por último, a oposición de xénero pode supoñer un cambio de signficado cando os opostos
xenéricos son substantivos que non manteñen ningunha relación semántica....
Regístrate para leer el documento completo.