Lingua e Futuro

Páginas: 6 (1282 palabras) Publicado: 18 de noviembre de 2014
LINGUA E FUTURO
Goretti Sanmartín Rei (coord.)
Editorial Laiovento 2010
Ensaio
Goretti Sanmartín Rei, nada na Estrada en 1964, é unha filóloga, escritora e política galega.
Licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na formación da lingua literaria galega durante o séculoXIX e sobre a época das Irmandades da Fala e a figura de Ramón Vilar Ponte. É membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña entre o 2004 e o 2006.
En 2012 foi elixida responsable do BNG de Santiago de Compostela e dende 2013 é secretaria de Implantanción e Estratexia Municipal do BNG.
Dende os seuscomezos conta cun amplo número de obras, monográficas e colectivas. Recibiu o XVIII Premio Anxel Fole pola súa obra Nicomedes Pastor Díaz. Unha experiencia exemplar, e no ano 2010 sae á luz o volume Lingua e Futuro.
Dito volume está composto por 10 artigos, todos eles cun obxectivo común: ofrecer alternativas á situación que está a vivir a lingua galega no momento previo á publicación do decretodo plurilingüismo.
Como xa mencionamos, está composto por 10 artigos de dez autores diferentes. Estes achegan cadansúa visión de como se atopa a lingua galega nese intre, e ofrécennos tamén unha ampla perspectiva de como foi tratada na sociedade nos distintos momentos históricos que fomos vivindo, de como a política influíu no seu desenvolvemento (case sempre negativo), dos preconceptos ouprexuízos que leva arrastrando ás súas costas dende tempos inmemoriais, de como algunhas veces tras un pequeno rexurdir sempre había despois algún movemento político que o voltaba a pór ó final da fila e dos seus continuos enfrontamentos co castelán, esa loita que parece non vai rematar nunca. Fan tamén unha revisión ó famoso decreto do plurilingüismo, o cal conleva un retroceso do galego no ámbitoescolar.
Todos os participantes no libro teñen unha idea clara da situación e coinciden en sinalar que o decreto do plurilingüismo non potencia o uso do galego nin garante o dominio desta lingua ao final do ensino obrigatorio.
A Freixeiro Mato preocúpalle que o galego perda os falantes nas clases máis desfavorecidas polo proceso erosivo que a lingua presenta co castelán, xa que as clases sociaismáis elevadas que fan uso da lingua non o deixarán de falar, pero e os demais?, verán en falar galego un impedimento para o seu desenvolvemento económico e un freo para medrar socialmente?
Por outra banda Iolanda Galanes propón: por que somos multiculturais e non multilingüistas? É dicir por que non amosamos a nosa lingua ó mundo e deixamos de limitala.
A terceira achega do libro faina a súacoordinadora Goretti Sanmartín, a cal fai unha revisión da planificación lingüística no ámbito educativo, poñendo énfase na desvantaxe do galego fronte ó castelán especialmente nos momentos onde a política era defensora da liberdade lingüística. Esta propón dende o punto de vista do ecolingüismo unha aprendizaxe do galego partindo dun sentimento de pertenza.
Narciso de Gabriel como cuartocolaborador neste volume reflexiona tamén sobre a subordinación do galego ao castelán, e de como co debate do bilingüismo se tentou ofrecer a situación inversa propoñendo ó castelán como a lingua ameazada en Galicia se o galego acadaba maior importancia no ámbito educativo. Tamén lanza a pregunta de por que o decreto do plurilingüismo propón o inglés como lingua estranxeira e non o portugués? Reclamapara a recuperación do galego unha intensificación e unha mellora do sistema educativo.
No quinto artigo Valentina Formoso fálanos dos prexuízos que se teñen sobre o galego e das actitudes que estes desencadean. A autora afirma, que a política non vai a ser a solución que a axude a medrar como lingua, senón que terá que ser polo valor persoal que cada un de nós lle deamos.
A sexta coautora...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lingua E Escola En Galicia. Balance E Propostas De Futuro, Bieito Silva Valdivia
  • lingua
  • Lingu
  • Lingua
  • A Lingua Mirandesa
  • lingua Xhosa
  • Fas Linguado
  • Pange lingua

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS