Lisístrata

Páginas: 10 (2281 palabras) Publicado: 21 de enero de 2011
Lisístrata. Aristófanes
Autor e obra:
Aristófanes nace en Atenas no 445 a.C. no momento de maior esplendor da súa cidade. Atenas conseguiu a hexemonía vencendo aos persas. O poder económico e cultural vese inflado, o que crea un inevitable choque frontal contra Esparta. A guerra esténdese dende o 431 ao 404, concluíndo coa derrota militar económica e moral de Atenas. Aristófanes presenta a súaprimeira comedia a un certame cun nome falso, posto que a súa temperá idade non lle permite revelar a súa identidade. Esta peza preséntase no 427 e foi chamada “Os convidados”, hoxe atópase desaparecida. Tras “Os Babilonios”, no 426, presenta no 425 a primeira peza que aínda se conserva, “Os Acamienses”. Cabe ter en conta que cando Aristófanes crea a súa primeira peza a guerra do Peloponeso xatiña comezado. Seguindo coas pezas conservadas, no 424 pon en escena, xa en nome propio, “Os Cabaleiros”, na que ataca intensamente a Cleón. No 423 presenta “As Nubes”. Nesta obra centra a súa atención na corrupción de costumes que para a sociedade, e en especial para os xoves, supoñían certos sofistas, dos que toma coma representante a Sócrates. “As Avespas”, do 422, é una sátira do afán dosatenienses por intervir coma xurado popular nos tribunais, posto que Cleón subira o salario diario de dous a tres óbolos. No 421 ponse en escena “A paz”, na que Trixeo libera á Paz da Guerra, quen a encerrara con anterioridade. Dáse un salto no tempo, até o 414, para chegar a “As Aves”, na cal os atenienses, co desexo de atopar una cidade tranquila e en paz, fundan una cidade de aves, converténdose elesmesmos en paxaros. No 411 escribe “Lisístrata”, e “As Tesmoforiantes”, esta última trata o tema dunhas mulleres que nunha festa tentan castigar ao tráxico Eurípides por ter falado mal delas nos seus dramas. Xa finalizando a guerra do Peloponeso escribe, no 405, “As Rás”, Unha polémica entre a arte de Eurípides e de Esquilo. Finalizada a guerra, presenta no 392 “As Asembleístas” ou “A asamblea dasmulleres”, que é una sátira sobre a idea da propiedade comunal; e no 388 “Pluto”, na que fai una redución ao absurdo do concepto de redistribuición da riqueza en Atenas. Aristófanes ataca nas súas obras ás institucións, como é exemplo a súa crítica en “As Avespas” aos tribunais. Aínda por despectiva que pareza a a súa crítica hai nela un desexo implícito de que a cidade se percate dos aspectosnegativos e dos individuos dañinos, producindo una reacción. Non se debe esquecer que é un cómico, e polo tanto o seu vehículo de expresión é a parodia. Mediante ésta, o autor subliña os trazos máis destacados proclives ao ridículo e os potencia. Tamén é un pacifista, como demostra en “Acamienses”, “A Paz” e “Lisístrata” facendo ver ao seu pobo a necesidade dunha paz prolongada. Na liña do seupacifismo destaca o sentimento de solidariedade cos restantes estados gregos.

Non cabe dúbida de que Aristófanes estima os valores tradicionais e critica as correntes modernas. Esta crítica refírese tanto aos costumes como ao que respecta ao pensamento, e vese reflictida tanto en “As Rás”, onde Esquilo vence fronte ao innovador Eurípides, como en “As Nubes”, onde se ataca á corrente sofista. Acrítica social ten un alcance moi amplo. Nas súas burlas caen tiranos e troianos, a afición das mulleres ao viño ou o afán de preitear do ateniense. Comezando por burlarse da calvicie, non hai motivo que non sexa explotado con fins cómicas. En troques, non ataca aos políticos, aos que xulga honrados. Mais non hai só crítica nas súas comedias, tamén hai oco para o eloxio. Por exemplo, a exaltación dotraballo, do agricultor en especial, en “Diñeiro”.

Resumo
Lisítrata, muller ateniense, farta de non ver ao seu marido, posto que este sempre se atopa en guerras, decide reunir a un grupo de mulleres de diferentes partes de Grecia. A protagonista proponlles a abstinencia sexual como método para rematar coa guerra do Peloponeso, posto que deste xeito poderán controlar aos homes. Nun primeiro...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lisistrata
  • Lisístrata
  • Lisistrata
  • lisistrata
  • Lisistrata
  • Lisístrata
  • Lisístrata
  • Lisistrata

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS