Literatura Gallega 3ª
TEMA 9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.
O triunfo da revolución militar franquista do 1936 provocou a desaparición violenta de todas as iniciativas culturais (Seminario de Estudos Galegos, Editorial Nós, Revista “Nós”, “A Nosa Terra”, teatro…) e políticas (Partido Galeguista, Estatuto de Autonomía…) que tiñan comoobxectivo o autogoberno e a normalización cultural do país.
Neste contexto represivo da Guerra Civil e dos primeiros anos da ditadura, a literatura galega entra nun período de silencio que comeza a se romper timidamente a finais da década dos 40. Mentres, no exilio americano, os intelectuais galeguistas desenvolven un intenso labor político e cultural que permite a continuidade da literaturagalega, se ben nunhas condicións que non son en absoluto de normalidade.
A sublevación militar franquista iníciase o 18 de Xullo do 1936, só dous días despois de que unha delegación galega encabezada por Castelao presentase nas Cortes da República o Estatuto de Autonomía aprobado en plebiscito o 28 de Xuño. Tras uns días de incertidume motivada pola indecisión dos mandos militares, ossublevados controlan a situación, o que desencadea unha violenta represión que ten como obxectivo a eliminación de todas as persoas vinculadas a organizacións sindicais e políticas de esquerdas. A elite intelectual e política do país sofre directamente a barbarie franquista: en agosto do 36 son asasinados Alexandre Bóveda, dirixente do Partido Galeguista, e Ánxel Casal, alcalde de Santiago edirector da Editorial Nós; en novembro é fusilado Víctor Casas, director de “A Nosa Terra”; Roberto Blanco Torres, Xaime Quintanilla, Camilo Díaz Baliño e moitos outros son tamén asasinados. Otero Pedrayo foi separado da súa cátedra; moitos políticos, intelectuais e artistas (Castelao, Luís Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Alonso Ríos, Núñez Búa, Suárez Picallo…) víronse obrigados a exiliarse.Neste contexto, o idioma galego sofre un forte retroceso: desaparece como vehículo de transmisión do saber e como lingua de expresión literaria; perde a funcionalidade institucional recoñecida no Estatuto do 36; decae a consideración social do idioma debido á actuación da maquinaria ideolóxica franquista, que crea un clima social e político no que o uso informal do galego é percibido comosigno de incultura e o seu emprego como actitude antipatriótica e antiespañola.
Todo este clima represivo na inmediata posguerra impide calquera manifestación cultural galega; entre 1936 e 1946 unicamente se publican media ducia de libros nos que se usa o galego parcial ou totalmente. Nos anos seguintes produciuse unha evolución lenta, dificultada pola represión ideolóxica e a censura, quepermite recuperar timidamente algúns usos culturais do idioma.
No 1947, Aquilino Iglesia Alvariño publica Cómaros Verdes, primeiro libro da posguerra con entidade literaria de seu. No 1948, o suplemento dos sábados do xornal “La Noche” comeza a publicar colaboracións en galego. No 1949 créase a editorial “Bibliófilos Gallegos”, na que Ramón Cabanillas publica o libro de poesía Camiños noTempo. Neste mesmo ano nace en Pontevedra a colección de poesía “Benito Soto”, dirixida por Celso Emilio Ferreiro e Manuel Cuña Novás, na que publican, entre outros, Luís Pimentel, Celso Emilio Ferreiro, Carballo Calero, Cunqueiro, Manuel María…
A morte de Castelao no 1950, o clima fortemente represivo e a consolidación da Ditadura, fortalecida polo recoñecemento por parte das potenciasoccidentais, leva a un grupo de galeguistas a renunciar á actividade política, liquidando o que queda do Partido Galeguista. A partir deste momento ábrese unha fronte de actividade cultural que ten como centro a Editorial Galaxia, fundada no 1951, editorial que, a pesar dos ataques que recibe da xerarquía franquista, permitirá a recuperación do uso literario galego ao longo dos anos 50 e 60....
Regístrate para leer el documento completo.