Literatura Infantil: Puppy

Páginas: 6 (1334 palabras) Publicado: 7 de marzo de 2014





















CONTIDO









1. FICHA DO LIBRO




TÍTULO
Pupi e a aventura dos vaqueiros
AUTORA
María Menéndez - Ponte
EDITORIAL / CIDADE
Edicións SM. Xerme Edicións. Vigo (Pontevedra)
EDICIÓN USADA E ANO DE PUBLICACIÓN
1º edición. Setembro do 2011
ANO PUBLICACIÓN PRIMEIRA EDICIÓN
2011
COLECCIÓN
O barco de vapor. Serie branca
NÚMERO DEPÁXINAS
64
ILUSTRACIÓNS
Javier Andrada Guerrero


















2. INTRODUCCIÓN

María Menéndez-Ponte Cruzat (A Coruña) é unha escritora galega. Cando era nena desbaldía fantasía, era moi travesa, sempre estaba inventando xogos, non entendía o mundo que a rodeaba. Apenas prestaba atención na clase no colexio de monxas ó que asistiu, pois estaba demasiado entretida enfacer voar a súa imaxinación e crear as súas propias historias. Lía e relía clásicos da literatura como Celia, Mary Poppins, A illa do tesouro, Peter Pan, Contos rusos... Seus pais, preocupados pola súa falta de disciplina, enviárona a un internado a Madrid. Alí, grazas ó ballet e a ximnasia, entre outras cousas (foi campioa de España ós trece e catorce anos), centrouse por fin nos estudos e ossuspensos convertéronse en sobresaíntes.

Comezou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Alí, xunto cun grupo de estudantes, fundou un cine-clube, foi delegada do curso e publicou numerosos artigos en diversos xornais galegos. Antes de rematar a carreira, casou, tivo o seu primeiro fillo e mudou coa súa familia a Nova York, onde viviu durante cinco anos e onde se licenciouna Universidade Nacional de Educación a Distancia. Despois foise vivir a Madrid, onde se licenciou ademais en Filoloxía Hispánica. Tamén é diplomada en Dereito Inglés e en Dereito Comparado pola London Politechnic School. Ademais, conta cunha licenciatura en Lengua e Civilización Americana no Marymount College de Nova York. Traballou como mestra en distintos centros de España e Estados Unidos.Os seus catro fillos deron a María o impulso definitivo cara á escritura. Na década dos noventa comezou o seu labor de escritora, tanto de novela coma de contos e relato curto, fundamentalmente orientados á literatura infantil e xuvenil.

Moitos dos seus libros son grandes éxitos de vendas, como “Nunca serei o teu heroe”, polo que obtivo o Libro de Ouro no 2006 ao superar os 100.000 exemplaresvendidos. Título que actualmente conta con máis de corenta edicións en distintas coleccións. E o mesmo acontece cos libros de Pupi, un personaxe moi querido entre os nenos que ten varias coleccións. En 2007 foi galardoada co Premio Cervantes Chico polo conxunto da súa obra.
Foi subdirectora do departamento de comunicación en Edicións SM, e colabora en varias revistas literarias. Tamén traballouna produción de numerosos libros de texto, proxectos musicais, guións e numerosos artigos para a revista Pais e Mestres e o xornal Escuela.



























3. RESUMO DA OBRA
Pupi e os seus amigos foron xogar á casa de Coque. Pero Coque non quere deixarlles os seus xoguetes, e por enriba non lle gusta perder. Ata que, de súpeto, o seu cuarto convértese nunsalón do afastado oeste, e o máis furioso dos vaqueiros ten algo que a Coque lle resulta familiar.

Pupi é un extraterrestre que vive nun pequeno planeta chamado Azulón a miles de galaxias da Terra. Nun dous seus viaxes para descubrir mundo e aprender cousas novas, a súa nave estrelouse no patio dun colexio. Branca, unha das alumnas do colexio, preguntoulle se se fixera pupa e el tratou derepetir esa palabra que tanto lle gustara, pero saíulle Pupi. Os nenos creron que ese era o seu nome e dende entón todos o chaman así.

A Pupi gustáronlle tanto os nenos e o colexio que decidiu quedar na Terra unha longa tempada. Dende entón vive na casa de Conchi, a conserxe do colexio, que é a súa mamá terrícola. Pupi é moi listo e aprende todo moi rápido, aínda que se arma bastante lea coas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Literatura infantil
  • Literatura infantil
  • que es la literatura infantil
  • literatura infantil
  • literatura infantil
  • literatura infantil
  • Literatura Infantil
  • Literatura infantil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS