Literatura Romana

Páginas: 2 (406 palabras) Publicado: 4 de abril de 2012
2.3 Literatura romana: etapas
Literatura latina e literatura romana
Entendemos por literatura latina en sentido amplo a totalidade dos textos (conservados e
perdidos) escritos en lingua latina aolongo da historia que conten cun certo valor
intelectual e/ou estético. A literatura latina é aínda un corpus en certo modo aberto, pois na
actualidade se seguen a escribir textos en latín, aíndaque en medios moi restritos e con
finalidades moi específicas (sobre todo, a escolar e o ludus académico). Mais a produción
literaria en latín tivo unha grande vitalidade non só no mundo antigo, senontamén na
Idade Media, no Renacemento e no mundo moderno, aínda que cada vez máis confinada
no ámbito da ciencia, a filosofía e a praxe relixiosa.
Daquela, baixo o concepto de literatura latinaentran un grande número de produccións de
épocas, lugares e tipos moi diferentes, que únicamente teñen en común o feito de se servir
do latín como código. De aí que sexa preciso efectuar algúnsdeslindes de cara a organizar
de forma operativa o coñocemento dos mismos. Distinguiremos, pois, desde unha
perspectiva cronolóxica a literatura latina antigua da medieval, renacentista ou da modernaprodución de carácter filosófico, científico, erudito ou escolar. Dentro do marco do mundo
antigo teremos tamén que diferenciar a literatura profana da cristiana. Así, reservaremos a
denominación deliteratura romana para a literatura profana de época antiga (ss. III a.C. –
V d.C.)
A literatura latina foi formándose baixo o modelo da literatura grega arcaica, clásica e
helenística, até o punto deconstituír unha literatura derivada, como poderían selo na Idade
Media as literaturas romances con respecto á literatura latina. Do século II a.C. en adiante
as clases cultas de Roma eran bilingüese formábanse baixo un modelo educativo exportado
polos mestres gregos. Ademais, entre ambas literaturas existía un repertorio común de
temas e motivos literarios: os mitos, o anecdotario...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • literatura romana
  • Literatura romana
  • Literatura romana
  • literatura romana
  • Literatura Romana
  • Literatura Romana
  • literatura romana
  • Literatura romana

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS