literatura seculo XIX
1.- O REXURDIMENTO.
Na historia da literatura chamamos Rexurdimento a un período que abrangue boa parte do século XIX, e que se
caracteriza, no eido da sociedade, pola aparición dun movemento político, o Provincialismo1, que reivindica a personalidade
colectiva galega e, no eido da literatura, pola recuperación da escrita literaria en galego.2.- PERÍODOS DA LITERATURA GALEGA NO S. XIX
Nesta etapa da nosa literatura distínguense tres períodos:
a) Período Precursor: 1833-1862. Engloba autores que participaron no movemento provincialista ou que simpatizaron con
el. Escribiron en galego antes da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, en 1863. Entre os precursores
podemos citar a Xoán Manuel Pintos e a Francisco Añón.b) Período do Rexurdimento Pleno: 1863-1888. Neste período atopamos os mellores froitos literarios, da man de poetas
como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez ou Lamas Carvajal. Comeza coa publicación de Cantares
gallegos, de Rosalía, e remata coa de O divino sainete, de Curros Enríquez. Durante este período saen á luz obras de
capital importancia na nosa literatura, como Follasnovas (1880), de Rosalía, Aires da miña terra (1880), de Curros e
Queixumes dos pinos (1886) de Eduardo Pondal, así como a primeira novela galega moderna, Maxina ou a filla espúrea
(1880), de Marcial Valladares.
c) Período de Decadencia: 1889-1914. A literatura galega experimenta un forte declive, máis canto á calidade que á
cantidade de obras publicadas. Os escritores deste período imitan aosdo anterior, insistindo en temas como o costumismo
ruralista e a denuncia social. Prodúcese un pequeno florecer da narrativa e do teatro da man de autores como López
Ferreiro, Lugrís Freire e Álvarez de Novoa. Este período rematará coa creación das Irmandades da Fala, en 1916,
producíndose entón un novo rexurdir da literatura en galego.
3.- OBXECTIVOS E ÁMBITOS DE ACTUACIÓN DO REXURDIMENTO.Podemos resumir en tres os obxectivos do Rexurdimento galego:
1. Mudar a consideración negativa que había na sociedade con respecto ao uso e ás calidades do idioma galego desde
a etapa dos séculos escuros. En xeral, o galego era visto como un dialecto tosco, feo, bruto e inservible para a expresión
cultural. Por iso, os autores do Rexurdimento botarán man de argumentos de prestixio, como a orixelatina do galego, o
esplendor da lírica medieval ou a figura de Afonso X o Sabio e de identidade, a lingua como sinal de identidade
colectiva, como herdo familiar e vínculo de unión cos antepasados.
2. Ampliar os ámbitos de uso do idioma galego, recuperando espazos cultos como a literatura, a prensa escrita e o ensaio
histórico.
3. Estudar, depurar e perfeccionar o idioma, publicandogramáticas e dicionarios e traballando na elaboración dun
galego estándar, que unifique a lingua fronte ás variedades dialectais. Entre as gramáticas podemos citar a de Francisco
Mirás e a Saco e Arce; entre os dicionarios, o de Marcial Valladares e o de Cuveiro Piñol.
As actividades dos autores do Rexurdimento encamiñáronse sobre todo nos seguintes ámbitos:
1. A historiografía: as primeiras historiasde Galicia, publicadas nesta etapa, partiron da suposición dunha orixe celta do
pobo galego. Neste sentido cómpre destacar a Historia de Galicia de Verea e Aguiar, a de Benito Vicetto e a de Manuel
Murguía. Os tres trababan de demostrar, en consonancia coa ideoloxía rexionalista, que Galicia era un pobo cun pasado
ilustre, unha época de liberdade perdida.
2. A filoloxía: Centrada, como xa sedixo, na elaboración de gramáticas e dicionarios e na elaboración dun galego estándar.
Cómpre salientar, tamén, a investigación no pasado literario de Galicia, con obras como El idioma gallego, de Antonio
María de la Iglesia.
3. A prensa escrita, coa edición de xornais e revistas total ou parcialmente escritos en galego, nas que se facía unha defensa
de Galicia, do seu idioma e da súa...
Regístrate para leer el documento completo.